Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago, presente na primeira edición dos Premios da Cociña Galega

A Asociación Amigos da Cociña Galega recoñece máis de 60 finalistas nunha iniciativa que reivindica tradición, produto e identidade culinaria

Laguna auditorio de Galicia
Figuras de Sargadelos servirán como galardóns nunha gala que celebrará a esencia da gastronomía galega no Auditorio de Galicia
Santiago Turismo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Asociación Amigos da Cociña Galega impulsa a primeira edición dos Premios da Cociña Galega, unha iniciativa que busca poñer en valor a tradición, os produtos e o patrimonio culinario de Galicia, homenaxeando aos profesionais e establecementos que manteñen viva a nosa identidade gastronómica

Baixo o lema “Celebremos a nosa cultura gastronómica”, os galardóns nacen coa vontade de recoñecer á cociña auténtica, a das casas de comidas, tabernas e restaurantes que conservan o espírito e o sabor de sempre, e tamén de abrir espazo á innovación que sabe respectar a orixe. Nesta mesma liña, os galardóns serán figuras de Sargadelos.

A Asociación recoñece a máis de 60 finalistas en distintas categorías, entre eles están Abastos 2.0, Simpar, Casa Marcelo e Gonzaba, de Santiago de Compostela. Por outra banda, tamen  haberá tres recoñecementos especiais que xa están outorgados: Senlleiros de Galicia, Casas de comidas e Pratos esquecidos.

Por galegos e para galegos

Os Premios da Cociña Galega teñen un carácter singular: son premios outorgados por galegos e galegas profesionais da propia terra, nun exercicio de recoñecemento colectivo da nosa cultura culinaria. O proceso de selección pretende que os galardóns sexan o reflexo da diversidade e riqueza do territorio, recoñecendo a excelencia e a autenticidade das receitas que definen a nosa identidade como pobo. Cada categoría contará cun gañador e dous finalistas, que se darán a coñecer durante a gala do 1 de decembro de 2025 no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Xurado con representación das catro provincias galegas

O xurado dos Premios da Cociña Galega está formado por máis de 60 profesionais multidisciplinares do sector gastronómico, con representación das catro provincias galegas. Nel participan críticos gastronómicos, xornalistas especializados, docentes, representantes de escolas de hostalería, enólogos, produtores, consultores, responsables de entidades turísticas e divulgadores culinarios.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620