O Laboratorio Ecosocial do Barbanza aborda en Santiago o labor da gandería extensiva
A sesión pública reunirá este mércores especialistas para analizar o seu papel na biodiversidade e na prevención de incendios, seguida dunha degustación con produtos locais

Este mércores 3 de decembro ás 18.00 horas unha nova sesión pública do Laboratorio Ecosocial do Barbanza en Casa RIA, centrada nun dos temas estratéxicos para o futuro do territorio: o papel da gandería extensiva na conservación da biodiversidade e na prevención dos incendios forestais.
A sesión reunirá especialistas para analizar os retos e oportunidades dun modelo produtivo clave para a xestión sostible do monte, así como o seu impacto social, ambiental e económico. Contará coa participación de Quico Ónega (enxeñeiro agrónomo no Laborate da USC), Laura Lagos (doutora enxeñeira de montes e investigadora asociada na UDC) e Joán Alibés (gandeiro e asesor en Beealia). A sesión será moderada por Claudia de Sas, paisaxista en Fundación RIA.
Ao remate do encontro, as persoas asistentes poderán participar nunha merenda- degustación inspirada na serra do Barbanza, elaborada polo cociñeiro Iago Pazos de A Cantina e grazas ao apoio de PURAGA. O servizo incluirá pinchos de carne de poldro maridados con viños do Barbanza, poñendo en valor os produtos locais e as prácticas de pastoreo no ecosistema de montaña da serra. A asistencia á conversa e os petiscos posteriores require reserva previa a través do enlace, cun prezo de 12€ (gastos de xestión non incluídos).
A actividade forma parte do programa público da exposición do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un proxecto coordinado pola Fundación RIA e apoiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.






















