Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As estatuíñas dos Premios Rebulir 2025 nacen no CEE López Navalón de Santiago

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destaca o traballo artístico e o compromiso educativo do centro compostelán

O conselleiro Román Rodríguez xunto ao alumnado do CEE López Navalón durante a presentación das estatuíñas dos Premios Rebulir 2025
O conselleiro Román Rodríguez durante a presentación das estatuíñas dos Premios Rebulir 2025
Xunta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O alumnado do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón, en Santiago de Compostela, presentou este venres as estatuíñas e os agasallos de cerámica que elaboraron para os Premios do Festival Rebulir da Cultura Galega 2025, que se celebrarán entre o 18 e o 20 de decembro. A creación destas pezas forma parte dunha colaboración que se mantén desde o ano 2019 e que converte ao centro compostelán nun actor destacado dentro da gala anual do festival.

Durante a visita, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, felicitou o profesorado e o alumnado polo seu esforzo, creatividade e dedicación. O responsable autonómico destacou o valor pedagóxico dun proxecto que combina aprendizaxe, inclusión e contribución cultural, e que se consolida como un exemplo de participación activa do centro en iniciativas de carácter galego.

O conselleiro subliñou a importancia de iniciativas deste tipo, que permiten reforzar a autoestima, potenciar habilidades artísticas e ofrecer ao alumnado a oportunidade de ver o seu traballo recoñecido nun evento cultural de referencia. Un ano máis, o centro compostelán contribúe con estas pezas únicas á celebración dos Premios Rebulir, que cada mes de decembro reúnen en Ramirás a destacadas personalidades da cultura galega.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620