Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Intelixencia Artificial e a Xeración Z centran o Foro Talentia 2025, que abrirá o Talentia Summit o 4 de decembro

María Rozas presenta unha nova edición do evento laboral e formativo, que combina un foro con voces destacadas como Isabel Dobarro e unha feira virtual con miles de cursos e entrevistas de emprego

A concelleira María Rozas durante a presentación do Talentia Summit 2025
A concelleira María Rozas durante a presentación do Talentia Summit 2025
Concello de Santiago
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Talentia Summit abrirá a súa edición deste ano o próximo 4 de decembro, cun Foro Talentia dedicado a abordar os cambios que a Intelixencia Artificial e a Xeración Z están a introducir nas empresas, nos modelos de traballo e nos perfís profesionais. 

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Emprego, María Rozas lembrou que o Talentia Summit é “un evento referente no ámbito laboral e formativo”, que acada cifras récord de participación en cada edición. .

Na do ano pasado, apuntou a tenenta de alcaldesa, “a feira de talento e emprego superou todas as expectativas con máis de 60.000 usuarios e usuarias, máis de 1.100 entrevistas de traballo, e case 2.500 curriculums intermediados”. Este ano, explicou, “aspiramos a manter esas cifras, cun programa que volve facer unha gran aposta pola formación”

Foro Talentia

O Talentia Summit é un evento con dúas partes diferenciadas e complementarias: dunha banda o evento inaugural, o Foro Talentia, que se celebrará o 4 de decembro, e por outra parte a Feira Talentia, que se desenvolverá do 9 ao 11 de decembro.

En canto ao Foro Talentia, estará centrado na Intelixencia Artificial e na Xeración Z, e contará coa participación de voces expertas, líderes empresariais, e perfís emerxentes, e moi diversos, do ecosistema tecnolóxico e creativo.

Un dos nomes protagonistas do evento será o da pianista Isabel Dobarro, que despois de gañar un Grammy Latino, ofrecerá unha conferencia no marco do Foro Talentia, ademais de actuar en directo durante o evento

O Foro Talentia celebrarase o 4 de decembro, a partir das 18.00 horas no Palacio de Congresos. A entrada é de balde, pero o aforo é limitado, polo que é conveniente a inscrición previa a través da web.

Feira virtual de formación e emprego

A outra pata do Talentia é a feira virtual de formación e emprego, que se desenvolverá do 9 ao 11 de decembro cun amplo catálogo de actividades, como cursos de formación, certificacións oficiais en competencias dixitais e idiomas ou obradoiros para mellorar a marca persoal.

Como vén sendo habitual no Talentia, ofreceráse a posibilidade de axendar citas cos responsables de selección de personal de diferentes empresas participantes, e tamén de enviar o curriculum a centos de procesos de selección abertos por esas empresas.

No apartado da formación, destaca un ano máis a posibilidade de acceder de balde a máis de 15.000 cursos on line dentro da plataforma Linkedin Learning; así como a oferta da Plataforma Talentia IT Skills, que permite acceder a formación oficial en cursos oficiais de tecnolóxicas como Microsoft, Cisco, Meta, ou JavaScript. No que ten que ver cos idiomas, o Talentia ofrece a posibilidade de obter a Certificación Oxford, en diferentes niveis.

Nos próximos días abriráse a posibilidade de inscrición nas diferentes actividades do Talentia. No que ten que ver coa formación, as persoas interesadas poderanse inscribir nun máximo de 4 cursos. Para as entrevistas con empresas e as mentorías non haberá límite de inscricións.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica