Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Enreguéifate inaugura en Santiago os primeiros obradoiros da súa novena edición

O programa achegará a improvisación oral en verso a sete centros composteláns e prepara xa o certame anual, que abrirá inscrición en xaneiro

Enreguéifate
A novena edición do Enreguéifate arranca en Santiago baixo o lema “Enreguéifate, versos doutro universo”
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A novena edición do Enreguéifate botou hoxe a andar os obradoiros escolares en Santiago de Compostela. O proxecto convida explorar o universo da improvisación oral en verso –a regueifa– como ferramenta para revitalizar o interese da mocidade pola lingua galega e promover o seu uso entre as persoas máis novas.

Ata mediados de decembro celebraranse en Compostela un total de dezaseis obradoiros, repartidos en sete centros educativosIES Antón Fraguas, CEIP Quiroga Palacios, CEIP Lamas de Abade, CPR Vilas Alborada, CIFP Compostela, IES Eduardo Pondal e IES Rosalía de Castro.

En conxunto, o Enreguéifate desenvolverá neste curso preto de 80 obradoiros de improvisación oral entre novembro de 2025 e febreiro de 2026, dirixidos a escolares de 5º e 6º de primaria e da ESO dos seis concellos impulsores do Enreguéifate. As sesións estarán conducidas por recoñecidas persoas do ámbito da regueifa e da improvisación oral en galego: Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Nuria das Cruces, O Rabelo, Xairo de Herbón, Cristian de Burela Manuele Pardo,  encargadas de guiar esta “nave da regueifa” e espertar no alumnado a curiosidade polos xéneros de improvisación oral en galego.

Enreguéifate, versos doutro universo

Baixo o lema 'Enreguéifate, versos doutro universo', a novena edición do proxecto continúa a traballar na promoción do galego a través da improvisación, a creatividade e a retranca, sumando cada vez máis tripulantes na nave da regueifa e consolidándose coma un referente na divulgación deste xénero galego de improvisación oral en verso.

Amais dos obradoiros de formación, proximamente celebrarase o agardado certame de regueifas en vídeo, cuxo prazo de inscrición estará aberto entre o 12 de xaneiro e o 6 de marzo de 2026. Coma en anteriores ocasións, haberá categoría escolar e xeral, na que calquera persoa pode participar. A inscrición poderá realizarse a través da web do Enreguéifate, onde tamén estarán dispoñibles as bases completas do certame. As persoas interesadas deberán enviar un vídeo no que participen, como mínimo, dúas persoas regueifando en galego sobre un tema libre, cunha duración máxima de tres minutos.

Este ano volverán outorgarse oito premios por cada categoría –escolar e xeral–, para recoñecer a regueifa máis brava, máis aguda, máis diversa, máis reivindicativa, mellor cantada, mellor falada, máis inclusiva e máis entroideira. A entrega de premios, que en anteriores edicións tivera a súa sede en Compostela, celebrarase desta volta na vila pontevedresa, o xoves, 16 de abril de 2026 no Teatro Principal de Pontevedra.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620