Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago acollerá este xoves a gala dos I Premios da Industria Musical de Galicia

AGEM impulsa a edición, que contará coa pontevedresa Tamara García Romero como conductora e servirá para recoñecer o traballo do sector en múltiples categorías

Visita Premios AGEM
A organización avanzou os detalles da gala na Sala Capitol, nun acto no que se destacou a colaboración institucional e o impulso á profesionalización da música en Galicia
Cris Padien
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Os Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega das Empresas Musicais (AGEM) co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e da Deputación da Coruña, quentan motores para a celebración da súa gala de entrega de premios este xoves, 27 de novembro, en Santiago de Compostela. O evento terá lugar na Sala Capitol a partir das 19.30 horas. Así o presentou está mañá a Xunta Directiva de AGEM, que realizou unha visita á ontaxe da gala na sala de concertos santiaguesa xunto ao director da Agadic Jacobo Sutil.

Como novidade, AGEM anunciou que a pontevedresa Tamara García Romero será a presentadora encargada de conducir a noite deste xoves a gala: un encontro sectorial no que se darán a coñecer os gañadores no resto de categorías e se entregarán os galardóns a todos os e as premiadas. Pola súa banda, Señora DJ será a encargada da pinchada que peche a velada.

Os I Premios da Industria Musical de Galicia premiarán un total de 17 categorías. Delas, 14 son outorgadas por un xurado profesional: deseño de iluminación, implementación de son, provedor de servizos, profesional de produción, manager, produción discográfica, posta en escena, promotor/a- programador/a, proxecto de comunicación, identidade visual, videoclip, evento cultural/musical, espazo musical e proxecto de sustentabilidade. 

Ademais, a Xunta Directiva de AGEM seleccionou outras dúas categorías: artista do ano (Carlos Ares) e persoa do ano (Francisco Gómez ‘Gandy’). Finalmente, hai un premio por votación popular: o da excelencia na experiencia do público, que recaeu no Surfing The Lérez. As iniciativas e profesionais nomeados e nomeadas nas 14 categorías xerais son:

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620