Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Chegan a Galicia os últimos compoñentes do acelerador para o Centro de Protonterapia

O material, financiado pola Fundación Amancio Ortega, permitirá avanzar na posta en marcha dun servizo que prevé tratar 250 pacientes ao ano a partir de finais de 2025

Chegada compoñentes Centro Protonterapia Galicia
Os compoñentes do acelerador de protóns, chegados ao porto de Vigo e fabricados en Lovaina, serán trasladados a Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Xunta recibiu esta mañá, no porto de Vigo, os últimos compoñentes precisos para o Centro de Protonterapia de Galicia, financiados pola Fundación Amancio Ortega, que permitirán ofrecer na sanidade pública o tratamento máis preciso contra o cancro.

Trátase dos compoñentes do acelerador de protóns fabricados na cidade belga de Lovaina no marco do acordo entre a Fundación Amancio Ortega, o Ministerio de Sanidade e as comunidades autónomas implicadas no impulso da protonterapia en España.

Este material será trasladado a Santiago de Compostela nos próximos días e completa o compoñente xa recibido previamente, que é preciso para o equilibrio do gantry xiratorio (brazo) do equipamento de protonterapia e esencial na calibración da máquina, que este martes foi introducido no búnker.

Tratar 250 pacientes ao ano

O Centro de Protonterapia de Galicia é o proxecto que se atopa nun estado máis avanzando dos nove proxectos do Sistema Nacional de Saúde. A previsión é poder atender cada ano 250 pacientes nas instalacións construídas ao carón do Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620