Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago reforza o compromiso institucional contra as violencias machistas no 25N

A Corporación Municipal e alumnado dos institutos Antón Fraguas e Sar salientan a necesidade de máis recursos, coordinación e educación para previr a violencia de xénero

lectura 25N pazo de raxoi
A lectura da declaración institucional no Pazo de Raxoi subliñou os retos pendentes en prevención, atención e sensibilización, especialmente no ámbito da violencia dixital
Concello de Santiago
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Con motivo do 25N, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e representantes de todos os grupos municipais participaron esta mañá nun acto no Pazo de Raxoi no que se procedeu á lectura da declaración institucional aprobada de forma unánime no Pleno do Concello do pasado 30 de outubro. Goretti Sanmartín abriu o acto e a continuación concelleiros e concelleiras fixeron lectura do texto que pechou a rexedora.

No acto tamén tomaron parte alumnas de 1º de Bacharelato do IES Antón Fraguas e de 3º da ESO do IES de Sar, que deron lectura a textos de rexeitamento á violencia machista nas súas diferentes formas.

Declaración institucional

A texto recolle as indicacións da Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero para centrar o traballo na xente moza, así como nas accións de sensibilización e de difusión dos servizos que ofrece o Centro de Información ás Mulleres (CIM) entre menores de 25 anos e maiores de 65, as franxas de idade que menos acceden a este servizo.

“A colaboración interinstitucional ten dado froitos na prevención e axilización dos mecanismos de actuación fronte á violencia machista, mais fica moito camiño por percorrer”, afirma o texto. Neste sentido, engade que “esa coordinación só é efectiva cando vai acompañada da dotación de recursos económicos e persoais suficientes”.

Cando se cumpren 18 anos da aprobación da Lei galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, “aínda necesario desenvolver algunha das medidas”. A declaración afonda en que “é preciso garantir o acompañamento psicolóxico na atención primaria, aumentar as axudas económicas ás vítimas, establecer axudas periódicas para as vítimas de violencia sexual, garantir a formación do persoal que traballa na primeira liña da atención á violencia machista, establecer un plan de educación afectivo-sexual no ensino, ou o reforzo de recursos económicos e humanos nos CIM”.

Con esta declaración, a Corporación Municipal de Santiago reafirma o seu compromiso coas políticas públicas centradas na prevención e erradicación da violencia de xénero, e tende a man á colaboración con outras administracións e axentes sociais que interveñen neste ámbito.

Campaña municipal con motivo do 25N

Baixo o lema ‘Non é un trend, é violencia dixital’, a campaña deste ano do Concello de Santiago con motivo do 25N busca que a xuventude compostelá poida identificar  e denunciar condutas violentas en liña, así como que a poboación adulta entenda estas novas expresións machistas.

A acción céntrase en redes sociais, co apoio doutras canles tradicionais, e aposta por unha mensaxe clara e directa para sensibilizar e concienciar a toda a cidadanía sobre a necesidade de erradicar as violencias machistas, centrando nesta edición a súa mensaxe na violencia dixital. Para iso, busca facer visible aquilo que a miúdo se banaliza ou normaliza no ámbito das redes: comentarios, imaxes ou condutas que perpetúan o control, a humillación e o desprezo cara ás mulleres

Os datos evidencian a necesidade de actuar con especial intensidade sobre o público mozo, pero tamén de explicar ás xeracións maiores que a linguaxe dixital pode ser un espazo onde se reproducen formas de machismo que ás veces pasan desapercibidas. Por iso, a campaña apela a todas as idades: busca que a mocidade identifique e denuncie condutas machistas en liña, e que a cidadanía adulta comprenda estas novas formas de violencia e o impacto real que teñen nas vítimas. 

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica