Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Centro Xove da Almáciga acolle un encontro para explorar creacións artísticas desde a disidencia

Pupa Colectiva impulsa un espazo de cinema, música e debate que visibiliza identidades disidentes e reivindica a creación como ferramenta política e comunitaria

O evento busca fomentar a cultura independente e abrir un diálogo sobre identidade, xénero e precariedade a través de proxectos artísticos
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Centro Xove da Almáciga acollerá o próximo 13 de decembro o evento “Procesos creativos disidentes”, organizado por Pupa Colectiva co apoio da Concellaría de Mocidade. Trátase dunha proposta que xunta cinema, música e conversas, “poñendo o foco en prácticas creativas desde as marxes e procurando nvoas formas de facer comunidade”.

Pupa Colectiva é unha promotora cultural focalizada na producción audiovisual e artística, e o evento do próximo 13 de decembro será a súa primeira proposta colectiva, que combina prácticas artísticas, tanto do ámbito do cinema como da música, nunha conversa entre artistas e asistentes sobre cómo afecta ser unha persoa disidente da norma social á propia creación artística.

A programación inclúe as proxeccións de tres curtametraxes: "Cristal", dirixida por Ana Sánchez e Mara Varela; "Delincuente", un proxecto de Nuria Vil dirixido por Alba Domínguez sobre a historia obreira de Vigo; e "Pupa", un ensaio fílmico de realismo máxico, dirixido por Antía Carreira, construido coas experiencias de persoas trans e non binarias e que aborda os procesos curativos sociais dentro da comunidade queer.

Ademais, está prevista unha mesa redonda coa presenza de cineastas, poetas, artistas musicais e performers que traballan dende a disidencia en Galicia, como Ana Sánchez, Mara Varela, Nuria Vil, Antía Carreira, Mourae e Russ, coa mediación de Beta Aguilar.

Por último, no que tén que ver coa música, o Centro Xove acollerá as actuacións de Mourae e Russ, o nome artístico de Marta Gilino, artista sonora galega e DJ.

O encontro ten como obxectivo difundir o cinema independente, visibilizar identidades disidentes, e poñer no centro os procesos creativos entendidos como un acto político e comunitario. O evento está dirixido principalmente a persoas mozas e adultas interesadas na cultura contemporánea e nos procesos creativos que nacen dende a disidencia, así como a quen desexe participar en espazos de encontro diversos e inclusivos, con especial atención ás comunidades LGTBIQ+ e a todas aquelas persoas que queiran reflexionar sobre cuestións de identidade, xénero, xeración e precariedade a través da arte.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica