Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Xunta presenta ‘Prato de Mercado’ en Santiago para converter as prazas de abastos en referentes gastronómicos

O proxecto, integrado no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia, procura potenciar o produto local co apoio de 34 recoñecidos chefs

Foto de familia dos representantes da Xunta xunto aos 34 chefs galegos participantes na presentación de ‘Prato de Mercado’ na Praza de Abastos de Santiago
Foto de familia dos representantes da Xunta xunto aos 34 chefs galegos participantes na presentación de ‘Prato de Mercado’ na Praza de Abastos de Santiago
Eladio Lois
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

 APraza de Abastos de Santiago acolleu este martes la presentación de 'Prato de Mercado', un novo proxecto da Xunta destinado a reforzar o papel das prazas e mercados como grandes escaparates do produto galego de calidade, fresco e de proximidade. No acto participaron o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañados por 34 chefs galegos de 31 establecementos de restauración, unidos para fortalecer a relación directa entre gastronomía e mercado.

Os mercados como motores económicos e sociais

Durante a presentación, o conselleiro salientou o compromiso da Xunta cos mercados galegos, case 100 espazos distribuídos en 76 concellos, que continúan a ser clave para o abastecemento de proximidade e a dinamización comercial. Subliñou tamén a súa versatilidade, capacidade de innovación e adaptación ás novas tendencias de consumo, converténdose en escenarios para accións culturais, iniciativas gastronómicas e sinerxías entre comercio, hostalaría e cociña.

González destacou que Prato de Mercado inicia un programa que se desenvolverá ao longo de 2026, cun calendario de showcookings en mercados de toda Galicia, co obxectivo de impulsar a súa actividade económica e fortalecer o vínculo co territorio no marco do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030.

Ademais, referiuse á iniciativa Artesanía no Prato, que promove o uso de pezas da marca Artesanía de Galicia como soporte da gastronomía, e na que máis de 50 obradoiros artesanais colaboran con restaurantes galegos, nacionais e internacionais.

Así mesmo, a Xunta anunciou que reforzará en 2026 as liñas de apoio destinadas á dinamización das prazas, cun investimento próximo aos 4,5 millóns de euros para mantemento, mellora, formación e revitalización tanto dos mercados xa recoñecidos como daqueles que aspiren a obter o selo.

Reflexión sobre o futuro dos mercados

A xornada da mañá completarase pola tarde cun encontro baixo o título O futuro dos mercados tradicionais: innovación e tradición, no Colexio Maior San Agustín. A cita reunirá a representantes do comercio, produtores, praceiros, profesionais da gastronomía e alcaldes e alcaldesas para debater sobre os retos e oportunidades destes espazos. O programa incluirá relatorios, mesas de debate e a proxección dun vídeo no que unha vintena de cociñeiros amosan o seu día a día nos mercados galegos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620