Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A sede da UGT de Santiago incorpora un novo Punto Violeta para reforzar a rede de apoio contra a violencia machista

O Goberno e o sindicato salientan a necesidade de ampliar espazos seguros e accesibles que faciliten información e resposta ante situacións de risco para as mulleres

Julio Abalde
Julio Abalde na presentación do Punto Violeta en Santiago puxo o foco na colaboración entre administracións e axentes sociais
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, salientou esta mañá en Santiago de Compostela a implantación dos Puntos Violeta aos lugares da vida cotiá das mulleres mediante o impulso do Ministerio de Igualdade. Fíxoo na presentación do novo Punto Violeta da sede de UGT-Galicia, na capital.

O acto contou coa participación do secretario xeral do sindicato na Comunidade, Cristóbal Medeiros; a secretaria de Igualdade da organización, Trini Campos, e a secretaria xeral da Unión de Compostela-Barbanza, Marisa Rodríguez, pois no acceso ás súas dependencias dentro do edificio xeral tamén se fixou un Punto.

Julio Abalde puxo en valor que Puntos Violeta como este “son a mellor mostra de que non imos dar nin un só paso atrás reforzando os espazos públicos de apoio e tecendo redes con toda a cidadanía, e por suposto cun axente social tan importante como é UGT”. Durante a presentación, tanto o subdelegado como o secretario de UGT-Galicia sinalaron que a igualdade e a erradicación da violencia machista “require a implicación de toda a sociedade” para dar unha resposta rápida e detectar e frear situacións de violencia de xénero.

Por último, o subdelegado agradeceu a contribución do sindicato para chegar “a todos os recunchos do territorio” e reafirmou a disposición do Goberno de seguir traballando con todos os actores sociais de Galicia “para que ningunha muller se sinta soa ao contar con máis presenza, máis apoio e máis recursos”. Neste sentido, incidiu no labor do Ministerio de Igualdade para “reforzar a rede de apoio ás mulleres vítimas de violencia machista e ampliar a colaboración cos axentes sociais”, de xeito que se ofrezan novos espazos seguros, accesibles e visibles a todas as mulleres.

Os Puntos Violeta en Galicia

Os Puntos Violeta son un instrumento promovido polo Ministerio de Igualdade para implicar o conxunto da sociedade na loita contra a violencia machista, facilitando información sobre como actuar ante situacións de risco e identificando lugares seguros para as vítimas. En Galicia están expandíndose de xeito continuado, anunciándose, por exemplo, a implantación de Puntos Violetas nos 13 Paradores da rede estatal hai escasamente tres semanas.

O subdelegado incidiu en que “o machismo é unha lacra social e por iso é responsabilidade de todos contribuír á súa erradicación”, ao tempo que destacou que a igualdade e a loita contra a violencia de xénero “requiren a implicación das administracións e da cidadanía para dar unha resposta rápida e eficaz e garantir que ningunha muller se sinta soa e desprotexida ante un caso de violencia de xénero”.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620