Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Real Filharmonía e o Festival Resis impulsan un obradoiro para novos compositores en maio de 2026

O taller, guiado por Manuel López López e Armando Merino, incluirá lecturas sinfónicas, concerto final e gravación no Auditorio de Galicia

O obradoiro celebrarase do 5 ao 8 de maio de 2026 en Santiago e está dirixido a creadoras e creadores en formación, con inscricións abertas en MUVAC ata o 6 de xaneiro
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Real Filharmonía de Galicia, en colaboración co Festival Resis de Música Contemporánea de A Coruña, organizará no mes de maio do 2026 un obradoiro de lecturas de novas obras sinfónicas co fin de ser un estímulo para compositores e compositoras que estean comezando a súa carreira formativa no ámbito da música clásica.

As actividades deste taller serán levadas a cabo de forma presencial os días 5, 6, 7 e 8 de maio de 2026 no Auditorio de Galicia. Ao rematar a semana, realizarase un concerto final aberto ao público e unha gravación, sen fins comerciais, das obras elixidas.

Dado o carácter formativo destes obradoiros, requirírase a presenza física en Santiago de Compostela dos compositores/as. O taller será guiado polo compositor Manuel López López e polo director Armando Merino.

O prazo para participar está aberto desde o día 22 de novembro de 2025 ata o 6 de xaneiro de 2026. As persoas interesadas poderán inscribirse exclusivamente a través da plataforma MUVAC.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620