Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Adrián Noia presenta 'Pontealbar', unha novela de misterio e mitoloxía ambientada no val do Río Grande

O novo título da colección Costa Oeste relata a viaxe iniciática de Pedro, chamado a salvar a súa aldea dun pacto demoníaco

Adrián Noia
Adrián Noia
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A libraría Couceiro acollerá este sábado, 22 de novembro, ás 12.30 horas, a presentación de Pontealbar, a nova novela do escritor compostelán Adrián Noia, publicada por Editorial Galaxia dentro da colección Costa Oeste. O encontro contará coa participación da creativa Andrea Mosteiro e do director de Edicións da editorial, Marcos Calveiro, que acompañarán o autor na posta de longo da obra.

Adrián Noia, unha voz nova en expansión

Nado en Santiago de Compostela en 2001, Adrián Noia graduouse en Lingua e Literatura Españolas pola USC. Traballou como auxiliar de conversa en Lisboa e foi bolseiro de biblioteconomía na Biblioteca de Galicia. Comezou a escribir na adolescencia e foi recoñecido nos certames A Pipa de Becerreá (2016) e Terras de Chamoso do Corgo (2017).

É tamén autor de O país dos raposos (II Premio de Novela Curta Xuventude Crea 2021) e de A terra leve (2024), ademais de participar na antoloxía Scripta manent: 50 anos de memoria e palabra e publicar artigos en Eduga e Viñetas BD. Mantén activa a súa creación literaria a través de (@adriannoia) e da web adriannoia.gal.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620