Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Praza 8 de Marzo acolle o “Magóstolo”, o magosto comunitario do CEIP Apóstolo Santiago

A festa, apoiada pola Concellaría de Mocidade, busca conservar a tradición dos magostos e reforzar a identidade e os vínculos do barrio

Puñado de castañas
Representantes do CEIP Apóstolo Santiago, da ANPA e da veciñanza preparan o “Magóstolo” na Praza 8 de Marzo, unha celebración que combina tradición, música e actividades para todos os públicos
Adriana Quesada
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

A Praza 8 de marzo acollerá os días 22 e 23 de novembro o “Magóstolo”, o magosto organizado pola comunidade educativa do CEIP Apóstolo Santiago e que conta co apoio do Concello de Santiago, a través do departamento de Mocidade.

A festa ten o obxectivo de conservar a tradición dos magostos, e con ela recuperar a memoria e a identidade compartida e tecer rede comunitaria. O departamento de Mocidade apoia a celebración, habida conta tamén dos seus lazos co CEIP Apóstolo Santiago, moi próximo ao Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga.

Ademais de castañas asadas, no “Magóstolo” haberá numerosas actividades para todos os públicos, que comezarán o sábado ás 12.00 horas. Ademais de zonas de xogos e pintacaras, haberá espectáculos para o público infantil como “A Landra viaxeira e o amigo Lambón”, de Os Jalochos; obradoiros de regueifa, canto, baile, pandeireta ou monicreques, e foliada. En canto á música, a sesión vermú correrá a cargo de Mou DJ Session, e xa a partir das 21.30 horas están previstas as actuacións de JJ Set Eva Chloé, Lúa Gándara DJ e Saibran DJ Set.

Xa no domingo, a cita central do “Magóstolo” serán as “Olimpiadas de outono Deleite”, que comezarán ás 12.30 horas e estarán abertas á participación de todos os nenos e nenas que se inscriban desde unha hora antes. A xornada completarase coa presentación do fanzine “Brasas” e a actuación de Pilonga DJ.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica