Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago intensifica a limpeza de sumidoiros para previr inundacións

A Concellería de Sustentabilidade Ambiental actuou en preto de 40 puntos nas últimas semanas, retirando follas e restos vexetais ante a chegada das choivas

retirada de folla e limpeza de sumidoiros
Brigadas municipais e servizos concesionados realizan limpezas reforzadas na rede de drenaxe urbana para mellorar a captación e evacuación da auga de choiva
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A Concellería de Sustentabilidade Ambiental vén de realizar nas últimas semanas unha campaña intensiva de limpeza de sumidoiros, reixas, colectores e outros elementos destinados á captación e evacuación de auga de choiva en distintos puntos da cidade, poñendo especial atención á retirada de follas e restos vexetais, principalmente en puntos de inundación recorrente.

Estas actuacións están sendo levadas a cabo tanto por Viaqua como por Urbaser co obxectivo de garantir a capacidade de captación e evacuación da rede de drenaxe urbana, minimizando o risco de acumulación de auga en superficie.

Só nas últimas dúas semanas, houbo limpezas en preto de 40 puntos distribuídos por toda a xeografía do Concello. As brigadas de limpeza e o servizo de varredoras están a traballar en quendas de mañá e tarde, co obxectivo de garantir unha retirada continua e efectiva do material vexetal acumulado.

Anticiparse ás choivas

A concellería de dirixe Xesús Domínguez intensificou durante o mes de outubro estas tarefas ante a previsión de choiva. Coas tarefas de poda e de retirada das follas e outros restos vexetais o Concello de Santiago contribúe a evitar problemas de acumulación de auga e danos que poidan derivarse da choiva intensa, garantindo así unha mellor resposta da rede de drenaxe urbana ante estes episodios meteorolóxicos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620