Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Santiago celebra un pleno infantil no Día Mundial da Infancia

Alumnado do CEIP Arquitecto Casas Novoa converteuse en corporación municipal por un día para presentar propostas e reivindicar os seus dereitos

A alcaldesa Goretti Sanmartín e concelleiras do goberno local acompañaron ao alumnado do CEIP Arquitecto Casas Novoa no pleno infantil celebrado no Pazo de Raxoi con motivo do Día Mundial da Infancia
A alcaldesa Goretti Sanmartín e concelleiras do goberno local acompañaron ao alumnado do CEIP Arquitecto Casas Novoa no pleno infantil celebrado no Pazo de Raxoi con motivo do Día Mundial da Infancia
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Un grupo de alumnos e alumnas do CEIP Arquitecto Casas Novoa convertéronse en concelleiros e concelleiras por un día e celebraron un pleno municipal con motivo do Día Mundial da Infancia, que se conmemora o 20 de novembro. Con eles estiveron o alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, María Rozas, a concelleira de Educación, Míriam Louzao, e varios membros da Corporación municipal.

Conmemórase o aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, adoptada en 1989, que tamén serve para visibilizar a situación de millóns de nenos, nenas e adolescentes cuxos dereitos se están vendo vulnerados nalgunha parte  do mundo. Trátase dunha oportunidade para dar especial relevancia á infancia na axenda pública, reafirmar a vixencia da Convención sobre os dereitos dos nenos e das nenas e poñer a mirada nos cambios necesarios para que o seu contido sexa realidade para todos e en calquera lugar.

Este documento, clave para o desenvolvemento da infancia nas últimas décadas, apela no seu artigo 12 á necesidade de dar aos nenos e nenas a oportunidade de ser escoitados, directamente ou a través dun órgano apropiado, en todos aqueles procedementos que lle afecten.

Partindo desta base e entendendo as institucións políticas como responsables de que o dereito á participación se vexa cumprido nos seus territorios, esta mañá o Pazo de Raxoi acolleu a celebración dun pleno infantil cuxo obxectivo é darlle aos nenos e nenas a posibilidade de compartir ideas e propoñer iniciativas coas que mellorar o cumprimento da CDN na súa contorna e promover o seu dereito a decidir sobre os temas que lles afecten a nivel local.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620