Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Concepción Losada recibe o Premio Luís Porteiro Garea pola súa defensa da lingua galega

A presidenta do Museo do Pobo Galego e profesora da USC foi recoñecida pola súa traxectoria na normalización do galego, nun acto no que se destacou o aumento do uso da lingua nas aulas universitarias

A profesora Losada recolleu o galardón nun acto que tivo lugar no Paraninfo
Concepción Losada Vázquez recolle o Premio Luís Porteiro Garea de mans do reitor Antonio López Díaz, nun acto celebrado no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC
Santi Alvite
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Concepción Losada Vázquez, presidenta do Padroado do Museo do Pobo Galego, recolleu o Premio Luís Porteiro Garea de mans do reitor Antonio López Díaz pola súa traxectoria a prol da normalización da lingua propia da USC. A profesora da área de Psicobioloxía destacou no seu discurso de agradecemento que “falar galego non debe ser unha carga senón unha vantaxe competitiva".

A profesora da Facultade de Psicoloxía puxo en valor que este recoñecemento outórgase “ao traballo que fixemos na Comisión de Normalización Lingüística da miña Facultade durante os moitos anos en que eu tiven a sorte de ser a súa presidenta”.

Na súa intervención, o reitor Antonio López Díaz lembrou “o compromiso global” da profesora Losada co galego, un compromiso que abrangue ámbitos tan dispares como a docencia, o teatro ou a promoción do traxe. Neste senso, Antonio López presentou algunhas das cifras máis “alentadoras” extraídas do "Informe sobre o Uso do Galego" correspondente ao curso 2025-26 que elabora o Servizo de Normalización Lingüística. O reitor destacou que o galego gaña terreo nas aulas e chega xa ao 29,2% das horas impartidas, a porcentaxe máis alta de toda a serie histórica. Ademais, o Campus de Lugo imparte o 39,3% de clases en galego, mentres que no de Santiago esta porcentaxe sitúase no 27,4%.

No acto tamén participou a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, quen  lembrou que Concha Losada é a primeira muller en se poñer á fronte do Museo do Pobo Galego e afondou tamén á súa faceta de  profesora da Área de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía da USC e á súa contribución na defensa da lingua desde o ámbito académico. "Persoas como Concha Losada son un exemplo no que se reflectir", afirmou.

O Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia acolleu o acto de entrega do Porteiro Garea no que tamén interviñeron  o catedrático de Medicina da USC Antonio Pose Reino e o director do Servizo de Normalización Lingüística da USC e secretario do xurado, Manuel Núñez Singala. Na mesa presidencial tamén estivo presente o vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación, Gumersindo Feijoo Costa. Toda a cerimonia foi amenizada pola Agrupación Universitas Música da Orquestra e Coro da Universidade de Santiago de Compostela.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica