Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PP de Santiago pide a dimisión da alcaldesa tras o incendio de Pontepedriña e denuncia “caos” na xestión municipal

Verea acusa o bipartito de levar á cidade a unha “situación límite” e critica que o parque de bombeiros estivese inoperativo durante o suceso do pasado sábado

FOTO COMITÉ EXECUTIVO PP SANTIAGO
Borja Verea, presidente do PP de Santiago, co Comité executivo local
PP Santiago
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reuniu onte o Comité Executivo da formación na cidade, para analizar a situación crítica na que se atopa actualmente Santiago. Durante a xuntanza, Verea, destacou que o bipartito de BNG e CA, apoiado polo PSOE, ten á capital de Galicia “nunha situación límite en todos os departamentos, que mais ten que pasar?”.

Verea indicou ademais que, despois da situación dramática que vivimos o pasado sábado, cando un incendio en Pontepedriña terminou milagrosamente só con dous feridos trasladados ao hospital, pero podendo ter sido unha desgraza coa perda de vidas humanas, “pedimos a dimisión inmediata da alcaldesa Goretti Sanmartín porque está poñendo en risco a vida dos santiagueses, e porque é a máxima culpable desta situación de caos e desorde”. 

“Está á vista de todo o mundo que non saben xestionar esta crise que eles xeraron, que non son quen de solucionar este problema provocado pola súa indolencia, se necesitan axuda estamos dispostos a axudar, xa tivemos que explicarlles que a taxa de reposición non impide contratar máis policías e bombeiros e despois de dous anos dicindo que mentiamos, tivo que vir a CIG a dicirlles que nós tiñamos razón”, expuxo.

Na mesma liña, Borja Verea lembrou que “á situación de crise na que se atopan os servizos públicos de policía local e bombeiros, hai que engadir o peche das actividades nos centros socioculturais, algo inédito tamén en Santiago; ou o mal funcionamento dos servizos de limpeza que nos últimos dous anos de BNG e CA ten como resultado que teñamos a cidade máis sucia que nunca, algo que non poden negar xa nin os propios responsables destas formacións”.

"Este venres hai un Pleno municipal para facer o pagamento das horas extras de bombeiros e policías locais, e da lectura dos informes dos técnicos municipais só hai unha conclusión: que o pago dos 2.000.000 € é ilegal e unha completa chapuza, ler os informes é o mellor retrato dun goberno que non sabe o que é xestionar. En calquera administración presentar un pago de horas extras con todas esas ilegalidades acumuladas sería, tamén, razón suficiente para asumir responsabilidades, pero como diciamos antes, sabemos que non o van a facer”.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara