Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Real Filharmonía de Galicia interpretará en directo a banda sonora de 'Sing Sing' no Auditorio de Galicia

O filme de Greg Kwedar chegará ao Cineuropa cunha proxección especial acompañada pola orquestra, dirixida por Ben Voce, con sesións os días 20 e 21 de novembro dentro do ciclo (EN)FOCO

Real Filharmonía de Galicia
A sesión do día 21 inclúe entrada con petisco e bebida por 21 euros, nunha proposta que combina cinema, música en directo e experiencia gastronómica
Concello de Santiago
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

A Real Filharmonía de Galicia regresa ao programa Cineuropa para ofrecer unha experiencia musical única: a proxección da película "Sing Sing", dirixida por Greg Kwedar, acompañada pola orquestra en directo baixo a batuta do convidado Benjamin “Ben” Voce. O concerto terá lugar o xoves 20 e tamén o venres 21 de novembro no Auditorio de Galicia ás 20.30 horas.

A cita musical do venres 21 de novembro entra dentro do ciclo (EN)FOCO da Real Filharmonía de Galicia. Deste xeito, os asistentes poden optar por unha entrada especial con petisco e bebida por 21 €. Existe tamén unha proxección na xornada anterior, o xoves 20, pero as entradas para esa sesión están case esgotadas.

Un filme emocionante

"Sing Sing" é un drama carcelario baseado nun programa real, o Rehabilitation Through the Arts (RTA), que se desenvolve na prisión de máxima seguridade de Sing Sing (Nova York). A película foi presentada no Festival de Cine de Toronto no 2023 e aborda temas profundos.

No filme revívese a produción teatral orixinal do RTA titulada “Breakin' The Mummy's Code”, unha comedia musical delirante que mesturaba pirámides exipcias, gladiadores, cowboys e incluso referencia a Shakespeare (no caso específico, Hamlet) e que en realidade xa foi representada dentro da prisión. A través deste espectáculo, os reclusos atopaban unha vía de expresión, de esperanza e de comunidade.

Ademais, a partitura da película foi composta por Bryce Dessner, coñecido tanto pola súa traxectoria sinfónica como pola súa faceta no mundo do rock. Dessner traduce musicalmente o leitmotiv de "Sing Sing" —o poder transformador da arte como forza de resistencia dun home encarcerado— nunha partitura evocadora de liberdade, que drisca entre influencias tan diversas como Brian Eno, Bach e Steve Reich.

Ben Voce

O encargado de conducir esta delicada homenaxe sinfónica será Benjamin “Ben” Voce, un director en alza con notábel afinidade polo repertorio moderno do século XX e XXI. Voce destaca pola súa claridade interpretativa e a precisión na execución de partituras complexas.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica