Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Trazo incorpora unha retroexcavadora para reforzar a súa brigada ambiental con apoio da Xunta

O Concello adquiriu a maquinaria cunha achega de 30.000 euros do Fondo de Compensación Ambiental, destinada a mellorar a resposta ante incidencias e conservación do entorno natural

A delegada da Xunta, Belén do Campo, e a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, presentaron o novo vehículo, que permitirá reforzar os traballos de limpeza, recuperación de espazos e actuacións ambientais en todo o municipio
A delegada da Xunta, Belén do Campo, e a alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, presentaron o novo vehículo
Xunta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A delegada da Xunta, Belén do Campo, xunto coa alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, presentaron unha retroexcavadora adquirida polo Concello cunha axuda de 30.000 euros ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental competitivo para dar servizo á brigada ambiental coa que conta este municipio.

O novo equipo ten como obxectivo dotar á brigada medioambiental dos recursos técnicos necesarios para llevar a cabo actuacións orientadas á conservación da biodiversidade, recuperación de zonas degradadas ou contaminadas, protección do medio ambiente e dos espazos naturais e recollida e traslado de residuos.

O ámbito de actuación da brigada abrangue todo o territorio municipal de Trazo, unha área rural cunha gran diversidade ambiental: marxes de ríos, zonas arboradas, lagoas e múltiples espazos naturais de elevado valor. A dispersión da poboación e as características propias do medio rural fan imprescindible contar cun servizo municipal dotado de equipamento axeitado para actuar con rapidez ante calquera incidencia.

Durante o visita, a representante do Goberno autonómico puxo en valor a cooperación entre administracións como “peza clave para avanzar na protección do patrimonio natural galego”.

Na Comarca de Ordes xunto ao Concello de Trazo, tamén resultaron beneficiarios da liña competitiva desta orde os municipios de Ordes, Tordoia e outra axuda compartida polos concellos de Ordes e Frades por un importe total de máis de 130.000 euros.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620