Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Máis de 2.200 escolares galegos participarán en 'Todas e todos contamos', unha iniciativa inclusiva da Fundación Igualarte e Afundación

A actividade, que promove valores como a empatía, a igualdade e o respecto á diversidade, chega este martes ao CEIP de Vite en Santiago

Todos contamos
A iniciativa educativa conducida por persoas con discapacidade achega ao alumnado experiencias inclusivas a través de contacontos, teatro, talleres e curtas 
Afundación
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

Esforzo, empatía, aceptación da diferenza, reforzo da autoestima ou respecto son algunhas dos ensinos presentes en 'Todas e todos contamos', unha actividade impartida por persoas con discapacidade pertencentes á Fundación Igualarte da man de Afundación, a Obra Social de ABANCA. 

Este último trimestre de 2025 iníciase unha nova edición, que finalizará o próximo 11 de decembro, e na que participarán máis de 2200 escolares de 19 centros educativos das catro provincias galegas. O martes 18 de novembro, o CEIP de Vite de Santiago de Compostela acollerá a actividade, que desfrutarán máis de cen escolares.

Esta proposta pon en valor a diversidade como elemento de enriquecemento social e persoal, fomenta a inserción laboral de persoas con discapacidade e promove a súa autoestima e confianza ao exercer un rol activo na sociedade. Contacontos, teatro, proxeccións audiovisuais ou talleres musicais, todos eles impartidos por persoas con discapacidade pertencentes á Fundación Igualarte, conforman a programación que cada centro escolar pode escoller.

Para infantil e primeiro de primaria deseñáronse dous contacontos. En 'A familia' nárrase un conto creado pola Fundación Igualarte, de maneira teatralizada, ademais de signar as partes máis fundamentais, o que permite aos escolares familiarizarse coa lingua de signos.

Este curso, tamén para infantil e primeiro de primaria, incorporouse a proposta 'A serea no océano', un conto teatralizado para visibilizar a beleza do mar e concienciar sobre a importancia do coidado dos océanos a través de elementos sensoriais.

Desde primeiro a cuarto de primaria preséntase 'As tarefas do fogar, entre todas e todos', unha obra de teatro participativa con moito humor para comprender e aprender rindo que a igualdade de xénero é cousa seria. Para quinto e sexto de primaria ofrécense un taller de percusión e outro de globoflexia.

Finalmente, para o alumnado de primeiro e segundo de ESO proxéctanse dúas curtas. 'Con lupa' é unha historia cotiá e íntima, construída sobre os silencios na que se presenta un catálogo de miradas nas que xacen os nosos prexuízos e medos. E 'Por iso', que narra a historia dunha moza con discapacidade que ten a inquietude de prolongar os seus estudos e atópase con barreiras inesperadas. A curtametraxe reivindica a igualdade de oportunidades educativas.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica