Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Xunta premia unha intervención artística que crea dúas illas flotantes de madeira na lagoa do xardín literario da Cidade da Cultura

A creación premiada na Cidade da Cultura
A creación premiada na Cidade da Cultura
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

A Xunta de Galicia acaba de seleccionar a proposta 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' como gañadora do Concurso de Intervencións Artísticas nos espazos exteriores do Gaiás, convocado entre os e as participantes no XV Encontro de Artistas Novos, EAN15. Presentado polo deseñador e creador visual Diego Lara, este proxecto intervén sobre a lagoa do Xardín Literario da Cidade da Cultura, deseñando dúas illas flotantes circulares e apostando pola madeira de castiñeiro como material de construción.

A convocatoria de intervencións artísticas do Encontro de Artistas Novos concíbese para impulsar o talento mozo e dar visibilidade ao traballo de creadores emerxentes, ofrecéndolles un espazo expositivo non convencional a través dunha plataforma de apoio á arte contemporánea recoñecida e consolidada como é o Encontro de Artistas Novos.

Cinguido en convocatorias anteriores ás Torres Hejduk, o certame ábrese nesta edición a outros espazos exteriores e naturais da contorna do Gaiás. Na selección da proposta gañadora, en liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, valoráronse especialmente cuestións como a sustentabilidade, a accesibilidade ou a acción social na concepción e desenvolvemento da proposta.

'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe híbrida, resultado da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana. Diego Lara deseña dúas illas circulares de 1,4 metros de diámetro, que se manteñen a flote na lagoa e, ao non estaren ancoradas ao fondo, se desprazan lentamente impulsadas polo vento.

As estruturas estarán realizadas en madeira laminada de castiñeiro, ensamblada segundo técnicas tradicionais de carpintería náutica. O artista aposta así por un material que está historicamente vencellado á arquitectura popular e á construción naval galega, representando un recurso sostible e un símbolo de identidade da nosa paisaxe rural. Ademais do seu valor cultural, o castiñeiro destaca pola súa resistencia á humidade e baixa densidade, calidades que o converten nun material idóneo para o uso exterior. Nesta intervención, a auga actúa tamén como axente transformador no envellecemento natural da madeira, integrando o paso do tempo como parte do proceso estético e conceptual.

A intervención, que será inaugurada no verán de 2026, busca xerar un cambio de ollada, activando a conciencia sobre o territorio común como lugar de encontro, memoria e responsabilidade compartida. A través da arte proponse un diálogo entre o patrimonio natural e cultural de Galicia e os desafíos ambientais contemporáneos, convertendo a auga, no actual contexto de crise ecolóxica, en elemento de reflexión sobre a relación entre as persoas e a contorna.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara