Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O PPdeG denuncia a inoperatividade do parque de bombeiros e critica a xestión do goberno municipal

Paula Prado e Borja Verea acusan ao BNG de non pagar horas extra, non reforzar persoal e comprometer a seguridade cidadá

PPdeG Bomberos Santiago
Dirixentes do PPdeG, durante a visita ao parque de bombeiros de Santiago onde denunciaron a inoperatividade do servizo
Íñigo Rolán
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

O Partido Popular de Galicia denuncia que Santiago de Compostela está “ao límite” e que a súa cidadanía “non merece estar en mans dun goberno do BNG desbordado e que non é quen de xestionar unha cidade que é a capital de Galicia e un reflexo para todo o mundo”.

Así o manifestaron esta mañá a secretaria xeral Paula Prado e o presidente local do partido, Borja Verea, na visita que realizaron xunto ao concelleiro José Ramón de la Fuente ao parque de bombeiros da cidade, que, tal e como denunciaron, vén de “estar inoperativo durante varias xornadas e por primeira vez na historia por culpa do goberno do BNG”.

“Neste caso non vimos pancartas do BNG nin do seu sindicato (CIG) para denunciar a falta de cobro das horas extraordinarias dos bombeiros e da Policía Local. Tampouco vimos que activasen a caixa de resistencia para defender os dereitos laborais destes traballadores ante a súa irresponsable e neglixente xestión”, criticou a número dous dos populares galegos.

Prado considera que “a capital de Galicia non merece estar en mans de quen xoga coa súa seguridade e coas súas vidas como está facendo” e defende que o Partido Popular sempre estará a carón das demandas duns Forzas e Corpos de Seguridade que “teñen dereito a cobrar as súas horas de traballo e teñen dereito ás súas horas de descanso”.

"Neglixencia e irresponsabilidade"

“Goretti Sanmartín estalle facendo moito dano a Santiago. Coa súa neglixencia e a súa irresponsabilidade está poñendo en risco a vida dos santiagueses”, engadiu Borja Verea na mesma liña e en relación á inoperatividade dun parque de bombeiros “baixo mínimos”.

O presidente do PP local denunciou que o feito de que os bombeiros teñan que trasladarse de Boiro, de Ordes ou de Brión para suplir estas carencias “significa incrementar o tempo de resposta e 5 minutos salvan vidas; 10 minutos salvan vidas; 15 minutos salvan vidas; 20 minutos salvan vidas”.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica