Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Henrique Monteagudo afonda en “Castelao, a forxa dun mito” no Ateneo de Santiago

O presidente da Real Academia Galega analizará este martes a figura política, artística e intelectual do autor rianxeiro no 75º aniversario do seu pasamento

Fec40664 1765 44b2 b1f1 a1ed57b4b87c
Henrique Monteagudo, nunha foto de arquivo na inauguración da exposición de Galaxia
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Este próximo mércores ás 19.30 horas, o Ateneo de Santiago acollerá a conferencia titulada "Castelao, a forxa dun mito", que será impartida por Henrique Monteagudo, presidente da Real Academia Galega. A conferencia estará dedicada ao autor rianxeiro en conmemoración do Ano Castelao, no 75 aniversario do seu pasamento.

Na súa intervención, Monteagudo analizará a traxectoria vital e intelectual de Alfonso R. Castelao e o proceso polo cal a súa figura se converteu nun dos grandes símbolos do galeguismo e da identidade nacional galega. 

O relator abordará a dimensión política, artística e lingüística do autor, así como a vixencia da súa obra e pensamento na sociedade actual, a partir de novas achegas recollidas na súa biografía "A forxa dun mito" e na exposición comisariada en 2024 sobre Castelao.

Henrique Monteagudo é catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega e director da Cátedra Castelao da USC. Membro numerario da Real Academia Galega dende 2012, foi o seu secretario e coordinador do Seminario de Sociolingüística, e dende marzo de 2024 exerce como presidente da institución. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620