Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Folga masiva en Tyrma para esixir melloras salariais e máis seguridade laboral

O persoal paraliza a actividade da planta de reciclaxe situada na mina de Touro e reclama garantías de continuidade dos empregos ante a incerteza polo futuro do complexo mineiro

huelga personal de Tyrma en Touro
O persoal de Tyrma protesta para reclamar un complemento salarial, máis medidas de seguridade e garantías de estabilidade laboral fronte á posíbel reapertura da mina de Touro
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O cadro de persoal da empresa Tecnología y Reciclaje de Materiales (Tyrma), dedicada ao reciclaxe de materiais de plástico que opera no interior da mina de Touro, secundou hoxe masivamente a primeira xornada de folga das tres convocadas para reclamar unha suba salarial digna, máis seguridade laboral e unha garantía de que se van manter todos os empregos. Coincidindo co paro de 24 horas, que se repetirá os vindeiros días 21 e 28 de novembro, as persoas traballadoras desenvolveron unha concentración diante das instalacións da compañía.

Como consecuencia da folga Tyrma permanece sen actividade xa dende a quenda de noite, que comezou ás 22.00 horas. Pola mañá unicamente accedeu á empresa o xefe e algún persoal de mantemento, mentres que a práctica totalidade das arredor de 75 persoas empregadas optaron polo paro, tal e como salientan dende o comité (3 representantes da CIG e 2 de CCOO).

Estas medidas de presión pretenden forzar a empresa a pactar un complemento salarial por riba do convenio estatal de Reciclaxe de Materias Primas Secundarias que compensa a perda de poder adquisitivo dos últimos anos, así como a mellorar as condicións de seguridade no traballo tras o “alarmante” incremento de accidentes graves, cumprir a lei en canto aos permisos retribuídos que contempla o Estatuto dos Traballadores e retirar as sancións ao persoal que sufre accidentes laborais por falta de protocolos de seguridade na empresa.

Ao mesmo tempo, a representación sindical demanda que se garanta a continuidade do emprego na zona ante a incerteza pola posíbel apertura da mina, que podería supoñer a destrución dos postos de traballos nesta planta de reciclaxe.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620