Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Cincuenta titulados da USC, distinguidos cos Premios Fin de Carreira da Xunta

Os galardóns, dotados con ata 3.500 euros, recoñecen o rendemento académico do alumnado das tres universidades galegas

Premios Fin de Carreira de Galicia
Foto de familia de autoridades e persoas premiadas
Mónica Arcay/Xunta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Un total de 101 estudantes que remataron as súas titulacións no curso 2023-2024 foron distinguidos cos Premios Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia, 50 deles pertencentes á USC

O reitor Antonio López Díaz participou no Centro Galego de Arte Contemporánea no acto de entrega destes galardóns xunto aos reitores da UVigo e da UDC, Manuel Reigosa e Ricardo Cao; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades de Formación Profesional, Román Rodríguez; o secretario xeral de Universidades da Xunta de Galicia, Alberto Díez de Castro; e o presidente da ACSUG, Juan José Nieto.

Por áreas de coñecemento, 8 estudantes da USC foron distinguidos en Artes e Humanidades, 9 en Ciencias, 11 en Ciencias da Saúde, 16 en Ciencias Sociais e Xurídicas e 6 en Enxeñaría e Arquitectura. Dos 50 estudantes da USC galardoados, 30 son mulleres.

O reitor da USC foi o encargado de pronunciar as palabras de benvida que precederon á entrega de diplomas. Eva Sanmartín Vázquez, que cursou o grao en Bioquímica na USC e é a estudante coa terceira mellor nota de entre as persoas premiadas, interveu en representación do estudantado. Clausurou o acto o conselleiro Román Rodríguez.

Cada un dos galardoados recibiu un diploma acreditativo e unha dotación económica de ata 3.500 euros, en recoñecemento ao seu rendemento académico e á súa traxectoria universitaria. Para optar á distinción, os candidatos debían contar cunha nota media mínima de 8,5 puntos nas ramas de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde, e de 7,5 puntos na rama de Enxeñaría e Arquitectura.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620