Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A Xunta inicia as obras do segundo treito da autovía Santiago-A Estrada

O novo tramo entre Pontevea e O Rollo, de 4 quilómetros, contará con dous viadutos e supón un investimento de máis de 31 millóns de euros

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou o inicio das obras da prolongación da AG-59
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou o inicio das obras da prolongación da AG-59
Xunta
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara

A Xunta inicia as obras do segundo treito da autovía Santiago-A Estrada, entre Pontevea e O Rollo, que suporá un investimento de máis de 31 millóns de euros. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou hoxe os traballos deste novo treito da prolongación da AG-59.

O citado tramo, que contará cunha lonxitude de 4km, constará doutros dous viadutos, un sobre o río Ulla e outro sobre o Vea, ademais dun paso superior e 4 pasos inferiores, por onde están a comezar as obras.

Allegue explicou que o proxecto desta intervención se impulsou de xeito paralelo mentres avanzan as obras do primeiro tramo, entre A Ramallosa e Pontevea, neste caso, 3,5Km no concello de Teo.

Sinalou que o Goberno galego está a investir neste primeiro tramo un orzamento de 32,3 millóns de euros e as obras están a entrar na recta final. Detallou que se prevé o remate dos traballos nos primeiros meses do 2026.

Fixo fincapé na envergadura e na complexidade destes traballos, que precisaron de voaduras para acometer escavacións para os desmontes en zonas rochosas, que non podían ser realizadas con medios mecánicos convencionais.

Remarcou que a prolongación da autovía AG-59 é unha actuación estratéxica que contribuirá a mellorar a seguridade viaria e facilitar a comunicación entre a capital galega e a comarca de Tabeirós-Terra de Montes, favorecendo a súa competitividade.

Salientou que a Xunta segue a traballar para acadar no 2028 unha autovía, cun total de 14km e cun investimento de 67 M€ nestes dous treitos, que permitirá reducir a 10 minutos a viaxe de Santiago ao concello da Estrada.

0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica