Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello sanciona a Urbaser con 20.000 euros por incumprimentos no contrato de limpeza

A empresa cometeu cinco infraccións cualificadas como moi graves, graves e leves no servizo de recollida de residuos e limpeza viaria de Santiago

0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

O Concello de Santiago resolveu con sancións que suman 20.000 euros o expediente aberto á empresa Urbaser, concesionaria do servizo de recollida de residuos e limpeza viaria, por incumprir varias das condicións establecidas no contrato municipal.

Segundo informa o goberno local, o procedemento concluíu coa detección de cinco infraccións —cualificadas como moi graves, graves e leves— e coa desestimación das alegacións presentadas pola empresa, ao entender que “non desacreditan os feitos probados”.

Falta de medios e deficiencias no servizo

A resolución municipal declara a Urbaser responsable de infraccións en materia de persoal, medios materiais e mantemento de instalacións, cometidas na execución do contrato. Entre elas, destacan carencias en infraestrutura informática e tecnolóxica, deficiencias na limpeza e desinfección de contedores, atrasos na reposición de illas soterradas e cuarteliños de limpeza non operativos.

En detalle, o Concello impón:

  • Unha sanción moi grave de 9.015,19 euros pola falta de medios persoais comprometidos.
  • Unha sanción grave de 3.005,6 euros pola demora na posta a disposición da infraestrutura informática e tecnolóxica prevista.
  • Dúas faltas leves de 1.000 euros cada unha, polo atraso na reposición de illas soterradas e pola inoperatividade dun dos cuarteliños.
  • Unha falta grave de 6.005,12 euros polas deficiencias detectadas na limpeza e desinfección dos contedores.
  • Ademais desta resolución sancionadora, o Concello lembrou que mantén un control permanente sobre o cumprimento do contrato e aplica descontos mensuais nas facturas por servizos non prestados, conforme ás auditorías realizadas.

    Entre xaneiro e setembro deste ano, os descontos acumulados ascenden a 128.636,69 euros, cifra que se suma ás sancións agora impostas.

    0620_hitos_redideal_251121_tamara
    0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
    0620_mayores_redideal_251121_tamara
    0620_opticalia_redideal_251121_veronica
    0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
    0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
    0620_tinytown_redideal_251121_veronica
    0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
    0620_bico_redideal_251125_tamara
    0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
    0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
    0620_danza_10_redideal_251121_tamara