Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Compostela Esgrima arrasa no primeiro Torneo Ranking Galego con sete medallas e unha participación récord

O club compostelán lidera o medalleiro con tres ouros, dúas pratas e dous bronces, e destaca pola súa ampla representación con 14 tiradores en competición

Tiradores e técnicas do Club Compostela de Esgrima acompañados polos adestradores Xosé Piñeiro e Adrián Penido.
Tiradores e técnicas do Club Compostela de Esgrima acompañados polos adestradores Xosé Piñeiro e Adrián Penido.
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Club Compostela de Esgrima protagonizou un brillante debut no primeiro Torneo Ranking Galego da tempada, onde acadou un total de sete medallas —tres de ouro, dúas de prata e dúas de bronce— e se situou como primeiro no medalleiro xeral. A entidade compostelá tamén destacou pola súa numerosa participación, con 14 tiradores e tiradoras nas diferentes categorías, consolidándose como un dos clubs con maior proxección do panorama galego.

Brillan as novas promesas da escola compostelá

Na categoría M9 mixta, o debutante da escola de Silleda, Mateo Iglesias, logrou a prata e o subcampionato, nun excelente inicio de traxectoria deportiva.

En M11 mixta, o dominio compostelán foi absoluto: o campión Xoel Díaz, zurdo, impúxose ao seu compañeiro tamén zurdo Cibrán Alvar, que se proclamou subcampión. O podio completouno Amelia Fernández, que conseguiu o bronce, rubricando unha categoría de claro acento compostelán.

Na categoría M13 mixta, o ouro foi para Denís Lago, mentres que Alicia Mourelle completou unha gran actuación subindo ao podio co bronce.

En M15 feminino, o club volveu a ocupar o alto do caixón coa campioa Carolina Mourelle, que se fixo co ouro, acompañada no bronce pola súa compañeira Carolina Darriba.

O club afronta agora un dobre desafío nacional

Tras este exitoso inicio de tempada, o Compos prepara xa a súa seguinte cita, unha dobre competición nacional para os maiores da espada masculina absoluta. O club compostelán desprazarase a Madrid para participar con dous equipos na 4ª División da Liga Nacional de Clubes, e tamén competirá no Torneo Regional Ranking de Castela e León, que se celebrará en Tordesillas.

O corpo técnico, formado por Xosé Piñeiro e Adrián Penido, acompañará aos deportistas nestas novas probas, co obxectivo de manter o excelente nivel amosado neste primeiro torneo autonómico.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620