Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Kamal Aljafari recollerá o Premio Cineuropa 2025 no Teatro Principal

O cineasta palestino será homenaxeado mañá nunha gala que incluirá a proxección de "With Hasan in Gaza" nun festival que tamén distingue a Jaione Camborda e Jonás Trueba

Kamal Aljafari
O Premio Cineuropa recoñece a traxectoria de Aljafari, autor dunha obra que explora a memoria e o poder político das imaxes
Cineuropa
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O cineasta palestino Kamal Aljafari recollerá mañá ás 20.00 horas no Teatro Principal o Premio Cineuropa 2025, dando recoñecemento a súa mirada sobre a memoria e poder político das imaxes. Durantea gala, proxectarase "With Hasan in Gaza", o seu traballo máis recente e estreado no Festival de Locarno. 

A filmografía de Kamal Aljafari móvese entre o documental e o ensaio poético cunha obra que inclúe títulos como "Port of Memory" (2009), "Recollection" (2015), "An Unusual Summer" (2020) e "A Fidai Film" (2024). 

"With Hasan in Gaza"

Na película que será amosada durante a entrega de premios, Aljafari emprega un material filmado hai máis de dúas décadas para reconstruír unha viaxe á Franxa de Gaza realizada no 2001. Nesa ocasión foi acompañado por un guía local co obxectivo de reencontrarse cun antigo compañeiro de cela coñecido durante a Primeira Intifada. A partir destas imaxes, o director amosa o retrato da perda acontecida en Gaza. 

A película, con guión, fotografía e montaxe do propio Aljafari e produción de Flavia Mazzarino, reivindica o cinema como espazo de lembranza e de existencia.

O Premio Cineuropa recoñece cada ano cineastas cuxa traxectoria contribúe a ampliar as fronteiras do cinema e a defender o seu valor como ferramenta de liberdade e reflexión. Kamal Aljafari súmase así á lista de autores homenaxeados polo festival compostelán, nunha edición marcada pola aposta por un cinema comprometido coa memoria e coa mirada crítica sobre o noso tempo.

Outros premiados

Aljafari non é o único premiado, Cineuropa celebrará tamén a entrega do Premio Cineuropa a Jaione Camborda, distinguindo unha creadora que, en poucos anos, se consolidou como unha das voces máis persoais e reveladoras do cinema español contemporáneo. A súa traxectoria combina a exploración sensorial coa procura de identidade e unha relación fonda co territorio.

Tamén recibe o premio Jonás Trueba, referente do cine independente español e herdeiro da mellor tradición humanista europea. 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620