Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Así será a Feira do Monte de Trasmonte: 20 expositores e 6 degustacións gastronómicas

A quinta edición do evento celebrarase os días 15 e 16 de novembro para poñer en valor o monte galego e os oficios tradicionais

A Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto” celebrarase no campo da festa de Trasmonte os días 15 e 16 de novembro, con 22 expositores, obradoiros, degustacións e música tradicional
A Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto” celebrarase no campo da festa de Trasmonte os días 15 e 16 de novembro, con 22 expositores, obradoiros, degustacións e música tradicional
Concello de Ames
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

O campo da festa de Trasmonte acollerá os días 15 e 16 de novembro a quinta edición da Feira do Monte “Tanto Monte, Monte Tanto”, organizada polo Concello de Ames. O evento busca reivindicar o valor do monte galego, os seus produtos e os oficios vinculados a el, e contará cun completo programa de exposicións, obradoiros, degustacións e música tradicional.

Produtos e oficios do monte

Nesta edición participarán 22 expositores procedentes de diferentes puntos de Galicia, que ofrecerán unha ampla mostra de produtos elaborados de maneira artesanal: aceites, mel, licores, embutidos, queixos, produtos de castaña, porco celta, téxtiles naturais, madeira torneada, ceras, arandos e instrumentos de percusión, entre outros.

Tamén se instalará unha carpa cuberta para acoller as actividades e un servizo de polbeiría de Juan Guerra, con racións de polbo, carne ao caldeiro, churrasco e bica.

O concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, destacou que a feira busca “poñer en valor os produtos do monte e o aproveitamento sostible do patrimonio natural galego”, insistindo en manter “a autenticidade dunha feira vencellada á materia prima e á produción sostible”.

Exposicións, obradoiros e música tradicional

Ao longo das dúas xornadas, a feira ofrecerá catro exposicións permanentes, dedicadas ao fiado da la de ovella galega, á tornería en madeira, á elaboración artesanal de instrumentos de percusión e á cestería tradicional.

Tamén haberá tres obradoiros: o sábado impartiranse dous, de cestería de láminas (12.30–13.30 horas) e Gaitas con herbas (17.00–18.30 horas), mentres que o domingo (12.00–13.30 horas) celebrarase un taller de estampado con tintas naturais.

A música tradicional será outro dos piares da feira. O sábado actuarán As Pandereteiras da Costaneira (13.00–14.00) e A Requinta da Maía (18.30–19.30). O domingo será a quenda de Airiños do Paseo de Colón, entre as 12.30 e as 14.30 horas.

Degustacións gastronómicas e actividades paralelas

A programación inclúe seis degustacións gastronómicas centradas en produtos do monte: pizzas de Sicilia in Boca, hamburguesas de vaca de cría extensiva de Discarlux, xabarín con castañas de Onde Keiras, doces do monte de Dolce e Bambini e chicharróns de porco celta de CienPorcel. Ademais, haberá postas de castañas asadas ao longo de toda a fin de semana.

Dentro do evento tamén se organizará a saída micolóxica “Ás voltas cos cogomelos”, o sábado 15 pola mañá, con servizo de autobús desde o Milladoiro e Bertamiráns e posterior exposición de especies identificadas pola asociación Brincabois.

O domingo 16, ás 12.00 horas, o campo da festa acollerá a entrega de premios do concurso fotográfico Enfoca Ames 2025.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara