Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Afundación afonda no TDAH cunha nova conferencia do ciclo 'Educación S. XXI'

A psiquiatra María del Pilar de Castro Manglano ofrecerá o 18 de novembro dúas sesións en Santiago para abordar o impacto e tratamento do TDAH ao longo da vida

Mª Pilar Castro Manglano
O ciclo 'Educación S. XXI' busca promover o diálogo entre especialistas, familias e docentes sobre os retos actuais da educación
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

'O TDAH ao longo da vida', ese é o título da nova actividade de divulgación programa por Afundación no ciclo 'Educación S. XXI', as dúas conferencias que impartirá a especialista en Psiquiatría Infantil e da Adolescencia María del Pilar de Castro Manglano

Haberá unha charla aberta ao público o 18 de novembro, ás 19.00 horas, no Auditorio ABANCA. Horas antes, ás 11.00 horas da mañá, De Castro Manglano pronunciará a conferencia e intercambiará ideas e inquedanzas con escolares de Educación Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.

O ciclo de conferencias 'Educación S. XXI' é unha iniciativa de Afundación orientada a reflexionar sobre o labor e os retos de familias e docentes na educación actual. Ten entre os seus obxectivos o de pular o diálogo entre a comunidade educativa e especialistas en diversas materias, con temáticas de actualidade e de moi diferente perfil. 

Eficacia no tratamento da TDAH

A psiquiatra María del Pilar de Castro Manglano investiga e trata trastornos psiquiátricos complexos na infancia, adolescencia e xuventude. O TDAH é o trastorno máis frecuente nesas franxas de idade. Ten unha prevalencia que se sitúa entre o 5 e o 8% da poboación, e nun 60% pasa tamén á vida adulta. Os seus tres síntomas nucleares son a ausencia de atención, a hiperactividade e impulsividade.

Sobre a maneira de reducir a prevalencia do trastorno por déficit de atención con hiperactividade na vida adulta, e sobre a convivencia co trastorno cando se mantén na xuventude, disertará De Castro Manglano.

Os tratamentos existentes para esta doenza, axustados a cada perfil, mostran eficacia, seguridade e boa tolerancia. A medicación mellora o desenvolvemento neuronal e facilita un desenvolvemento neurolóxico, cognitivo e da conducta que se adapta aos patróns considerados típicos.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620