Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Consorcio de Santiago reedita "Historias do Carril-Cornes" con motivo do centenario da anexión de Conxo

A obra de Xoán Luís Miguéns recupera vinte e catro relatos arredor do primeiro ferrocarril galego, que uniu Compostela co mar de Arousa

Foto de familia dos representantes das entidades implicadas na creación da obra
Foto de familia dos representantes das entidades implicadas na creación da obra
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Consorcio de Santiago presentou na Casa das Asociacións de Cornes a reimpresión da publicación "Historias do Carril-Cornes", do autor Xoán Luís Miguéns García e pertencente á Biblioteca de Divulgación do Consorcio. Esta reimpresión da primeira edición de 2008 faise con motivo do I Centenario da anexión do Concello de Conxo polo de Santiago de Compostela en 1925.

Na presentación o autor do volume estivo acompañado por José Antonio Domínguez Varela, xerente do Consorcio de Santiago; Carlos Abellán Ruiz, autor do prólogo da obra; e Juan Conde Roa, responsable de publicacións do Consorcio de Santiago.

En "Historias do Carril-Cornes" recóllense vinte e catro relatos que son, na súa maior parte, produto de supostos feitos que lles sucederon ás persoas que, dalgún modo, tiñan algunha relación co primeiro "camiño de ferro" galego, ben sexa como ferroviarios, como viaxeiros ou outro tipo de vínculo con este singular ferrocarril que inicialmente uniu Santiago de Compostela co mar de Arousa.

As historias que reúne este volume, que varían en extensión, reflicten feitos característicos das diferentes épocas nas que se encadran estes relatos e que, a través deles, permiten albiscar como se desenvolvía o mundo ferroviario galego na sociedade do derradeiro terzo do século XIX e boa parte do século XX. Nos relatos trátanse temas moi variados desde diferentes rexistros, como o contrabando de penicilina ou a catástrofe de Pazos de 1952.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620