Antonio López destaca en Toledo a alianza entre universidades e cidades Patrimonio da Humanidade
O reitor da USC aposta por construír “un futuro sostible desde o coñecemento e o patrimonio” no encontro do Grupo da CRUE celebrado na cidade castelá

Toledo acolleu a reunión do Grupo coa Conferencia de Reitores e Reitoras das Universidades Españolas (CRUE) que reúne as universidades do Estado con campus en cidades declaradas Patrimonio da Humanidade. Nela o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, destacou a necesidade de construír un futuro sostible desde o coñecemento e o patrimonio.
O encontro, que reúne ás universidades con campus en cidades declaradas Patrimonio da Humanidade, se celebrou na Sala Capitular do Concello de Toledo. Neste se destacou o convenio asinado entre o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade e a Conferencia de Reitores das Universidades Españolas, que busca xerar sinerxias entre universidades e cidades, “para impulsar proxectos conxuntos en materia de conservación do patrimonio, sustentabilidade e desenvolvemento urbano”.
O presidente do grupo de universidades vinculadas ás Cidades Patrimonio da Humanidade dentro da CRUE e reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, destacou a necesidade de construír un futuro sostible desde o coñecemento e o patrimonio.
“As cidades e as universidades compartimos unha misión común, preservar o pasado para construír un futuro máis inclusivo e o convenio asinado entre ambas as entidades é unha oportunidade para xerar un ecosistema de aprendizaxe mutua e fortalecer a identidade e a proxección internacional das nosas cidades”, sinalou López.
Entre as liñas de traballo destacan a formación de profesionais especializados en xestión do patrimonio, a creación dun observatorio universitario sobre patrimonio, a creación dun observatorio universitario sobre patrimonio e sustentabilidade, a organización de foros anuais de intercambio de coñecemento e a posta en marcha de proxectos piloto de innovación urbana.




















