Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Sergio Moure presenta en Santiago o disco 'Sinfonía Bergantiños', inspirado nas raíces musicais da comarca

A obra, encargada polo Concello de Carballo, foi interpretada por máis de cen músicos e conta coa participación da Orquesta Gaos e agrupacións locais

O músico e compositor Sergio Moure de Oteyza presentará este venres en Santiago o disco 'Sinfonía Bergantiños'
O músico e compositor Sergio Moure de Oteyza presentará este venres en Santiago o disco 'Sinfonía Bergantiños'
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A sede da Fundación SGAE en Santiago de Compostela acollerá este venres 7 de novembro, ás 12.00 horas, a presentación oficial do disco Sinfonía Bergantiños, do compositor Sergio Moure de Oteyza, unha gravación que recolle a súa obra homónima e que rende homenaxe ás raíces culturais e musicais da comarca de Bergantiños.

O acto contará coa presenza do alcalde de Carballo, Daniel Pérez, e do exalcalde Evencio Ferrero, así como do director da Orquesta Gaos, Fernando Briones, e da coordinadora do proxecto, Cristina Abelleira.

Unha sinfonía feita dende a terra

A Sinfonía Bergantiños naceu dunha encarga do Concello de Carballo, vila á que o compositor está vinculado familiarmente, e estrutúrase en tres movementos que evocan a identidade e o espírito da bisbarra.

Na gravación participaron máis de cen músicos e músicas, entre eles a Orquesta Gaos, dirixida por Fernando Briones; músicos do Conservatorio de Carballo; e unha vintena de cantareiras de agrupacións locais, que achegan un inconfundible matiz tradicional á obra.

O proxecto destaca polo protagonismo de instrumentos autóctonos como a gaita, a zanfona e diversas percusións tradicionais, que se entrelazan coa estrutura sinfónica para crear unha sonoridade única que fusiona o clásico e o popular.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620