Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Chichalovers e Paluso impulsan unha iniciativa para financiar a cea de Nadal das persoas máis vulnerables

A iniciativa recadará fondos para a tradicional 'Cea de Nadal do Paluso', unha cita que leva máis de 30 anos ofrecendo compañía e calor a persoas en situación de vulnerabilidade

As representantes de Chichalovers e Paluso, presentando a iniciativa #UnPratoPorPaluso
As representantes de Chichalovers e Paluso, Grace Castro e Chus Iglesias, anunciando a iniciativa #UnPratoPorPaluso
Redacción
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

A solidariedade volve poñerse na mesa este Nadal. O colectivo Chichalovers e a Asociación Paluso únense este ano para lanzar a campaña #UnPratoPorPaluso, unha iniciativa que busca recaudar fondos para a histórica Cea de Nadal do Paluso, un encontro que desde hai máis de tres décadas ofrece un espazo de calor, encontro e dignidade a persoas en situación de soidade ou exclusión social.

Baixo o lema “Un prato teu, unha cea para todos”, a campaña convida á cidadanía compostelá a participar nun xesto simbólico: poñer un prato na mesa do Paluso, contribuíndo a que ninguén quede fóra desta celebración tan especial.

Como participar na campaña

A proposta funciona a través dun “menú solidario”, no que cada persoa pode facer a súa achega económica segundo as súas posibilidades:

Entrante: 5 €

Medio menú: 10 €

Menú completo: 20 €

Cea + baile: 50 €

Doazón libre: cantidade elixida

As achegas poden realizarse a través do link de crowdfunding dispoñible nas biografías de redes sociais de @Chichalovers e @AsociacionPaluso, mediante bizum ao teléfono 626 05 39 71 ou por transferencia bancaria á conta da Asociación Paluso (ES31 2080 0374 7530 4000 8063), indicando o concepto UNPRATOPORPALUSO.

Para nós é unha alegría ver como novas xeracións e colectivos da cidade se implican en manter viva esta tradición de solidariedade"Equipo de Chichalovers

Ademais, anímase a compartir en redes sociais unha foto cun prato baleiro ou decorado, acompañada do cancelo #UnPratoPorPaluso, para darlle visibilidade á causa e animar a máis persoas a colaborar.

Unha colaboración con corazón

A campaña estará activa durante todo o mes de novembro e ata mediados de decembro, co obxectivo de reunir o máximo número de doazóns antes da celebración da Cea de Nadal.

A Asociación Paluso, con máis de trinta anos de traxectoria, continúa acompañando a persoas en risco de exclusión e creando espazos de encontro e apoio humano. Os Chichalovers, pola súa banda, levan tempo demostrando que a gastronomía, a cultura e a solidariedade poden camiñar da man, poñendo a súa creatividade e comunidade ao servizo das causas sociais que fan de Santiago unha cidade máis xusta e humana.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara