Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Así será "Píxel á Feira", que converte Santiago na capital galega do videoxogo esta finde

O evento, organizado pola Deputación da Coruña, reunirá máis de 50 proxectos galegos e ofrecerá exposicións, torneos, concertos e charlas abertas ao público

Gente jugando a videojuegos
O salón Píxel á Feira, que se celebra no Palacio de Congresos de Santiago os días 8 e 9 de novembro, amosará videoxogos galegos e actividades para todos os públicos
Raman Shaunia
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara

Píxel á Feira, o primeiro salón galego dedicado en exclusiva ao videoxogo en Galicia, prepárase para abrir as súas portas os días 8 e 9 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, convertendo a cidade na capital galega do videoxogo e da cultura dixital.

O evento, organizado pola Deputación da Coruña, reunirá máis de 50 proxectos creados en Galicia, a cifra máis alta amosada ata o momento nun encontro deste tipo, e ofrecerá unha ampla programación de actividades abertas ao público. Con entrada de balde Píxel á Feira abrirá de 10.00 a 20.00 horas sábado e domingo.

Videoxogos galegos entre o pasado, o presente e o futuro

A feira reunirá videoxogos históricos, proxectos universitarios, propostas independentes e novas creacións, que compoñen unha panorámica diversa e chea de talento. Entre os espazos destacados está a exposición do MUVI – Museo do Videoxogo de Galicia, que mostrará vinte e dúas pezas emblemáticas da historia do sector, desde "The Wall" (1986), considerado o primeiro videoxogo galego, ata "O misterio das 7 pezas", pioneiro na nosa lingua.

Na Zona Interactiva, o público poderá descubrir e xogar os videoxogos que se están a facer hoxe en Galicia. Estudos como ChusChus Games, con tres propostas propias ("Spells & Spices", "Toupi e o seu día de merda" e "Candil"), ou a Universidade da Coruña, que presentará demos desenvolvidas polo seu alumnado, compartirán espazo con creadores emerxentes e estudos independentes.

Entre as novidades destacan "Xerme", de Acariño Games; "Golpes e Broucazos", de Widijou; "Dimension L", de Ninguen Studio; "The Pet Squad", de Devmo Games; ou "Cartas á Lúa", de Michiños Fofiños. O I Certame de Videoxogos en Galego da Deputación da Coruña, cuxa entrega de premios se celebrará o sábado 8, será outro dos grandes momentos da programación, recoñecendo a calidade e innovación dos proxectos creados ou traducidos ao galego.

Un programa para todos os públicos

O Escenario 1-1 acollerá máis de trinta actividades que conectan industria, cultura e entretemento. Haberá encontros profesionais sobre tradución e localización en galego, educación e selo galego do videoxogo, ademais de citas divulgativas e musicais como o concerto de Tiaviolí Gaming e a charla "Arte & Historia nos Assassin’s Creed", do divulgador e historiador Miguel Ángel Cajigal “El Barroquista”.

mapa recinto pixel a feira
Mapa do recinto no Palacio de Congresos de Santiago
Píxel á Feira

A programación incluirá tamén o podcast en directo Recuncho Gamer, o espectáculo Impro Gamer do colectivo Reinas Malas, o Gamesong Trivial Musical e o encontro "SEGA fíxoo antes" co divulgador Marc Rollán “El Funs”, que repasará os fitos da compañía no seu 65 aniversario.

Na Zona Mercado, o público atopará tendas, librarías, artistas e marcas vinculadas á cultura dixital e ao coleccionismo. Na Zona Arcade e Torneos, poderanse probar máquinas orixinais como as de Daytona USA (1993), con ata oito xogadores simultáneos, e participar en competicións de títulos clásicos e actuais.

0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara