Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

As Nerd Nites regresan a Santiago con tres charlas para explorar o lado máis sorprendente da física cuántica

A cita, impulsada polo IGFAE no marco da Semana da Ciencia, reúne o 13 de novembro na Nave de Vidán a Ángel Paredes, Jesús Mosqueira e Carolina Filgueira

Nerd Nite celebrada en abril na Facultade de Dereito
Nerd Nite celebrada en abril na Facultade de Dereito
NerdNiteSCQ
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

As Nerd Nites, conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos falan fóra do ámbito académico, regresan o 13 de novembro coa ollada posta na mecánica cuántica. A primeira sesión deste curso desenvolverase, ás 20.30 horas, na Nave de Vidán e enmárcase nos actos que integran a Semana da Ciencia do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE).

A sesión do xoves 13 servirá para achegarse á cuántica deste diversas perspectivas, como os reloxos cuánticos, a supercondutividade ou a influencia dos raios cósmicos na computación cuántica, da man, respectivamente, de Angel Paredes Galán, catedrático de Física Aplicada da Universidade de Vigo; Jesús Mosqueira Rey, catedrático de Física da Materia Condensada da USC; e Carolina Filgueira Rama, investigadora do IGFAE.

Con este programa a Nerd Nite súmase á conmemoración, neste 2025, do Ano Internacional da Ciencia e a Tecnoloxía Cuánticas, coincidindo co centenario da publicación, en 1925, dalgúns dos artigos que sentaron as bases da mecánica cuántica, coa conseguinte revolución da nosa comprensión do mundo natural.

cartel novembro nerd nite
Detalle do cartaz da Nerd Nite de novembro
USC

As Nerd Nites comenzaron a ter lugar en Boston en 2003 e, na actualidade, celébranse en máis de 100 cidades de todo o mundo. A idea é reunir a tres ou catro nerds nun local de lecer nocturno para falar durante 15 minutos cada un sobre temas científicos baixo un enfoque divertido, para logo abrir un coloquio aberto e distendido. Compostela foi a primeira cidade española en adherirse ao programa. No caso de Santiago, o boss-coordinador é o catedrático da USC e divulgador científico, Jorge Mira Pérez.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620