Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

A sala Malatesta reabre as súas portas este xoves tras meses de peche

O histórico local compostelán regresa á escena nocturna con nova programación e forte apoio do público

Sala Malatesta 1
A reapertura da Malatesta marca o regreso dun referente do lecer nocturno compostelán, tras meses clausurada por incumprimentos da normativa de ruídos
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Tras meses de silencio por parte dun dos locales composteláns máis míticos da súa noite, a sala Malatesta volveu a dar de que falar coa publicación dun cartaz no que, unicamente, aparecía o seu nome. 

Despois de que fora pechada por orde do Concello, debido ao incumplimento da normativa de ruidos, grazas ás redes sociais agora sabemos que está a piques de volver a abrir as súas portas este vindeiro xoves universitario: 6 de novembro

Con esta noticia tamén chega o anuncio de próximas datas para festas. Xa está anunciado que o 14 de novembro pinchará no local o DJ Critical Error 404, que chega dende Alemaña por primeira vez a Galicia; acompañado polos irmáns Muiños e Zero Delay; e Deathwrap.

A acollida por parte do público foi boa, chegando a encher o 50% do aforo da sala en tan só dous días dende a saída das entradas para este evento. Segundo un comunicado que eles mesmos deron na súa páxina de Intagram, agradecen todo o apoio e aseguran que: "Malatesta é un espazo necesario para Compostela". 

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620