Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Luisa Cuesta inaugura a serie "Pioneiras da Universidade de Santiago de Compostela"

Edicións USC lanza unha colección que reivindica as primeiras mulleres que romperon barreiras no ámbito universitario; o primeiro volume está dedicado á primeira profesora da institución

De esquerda a dereita, Sonia Esperanza Rodríguez, Ana Cabana, Antonio López, Ana Mª Gude, Aldara Cidrás e Juan Blanco
De esquerda a dereita, Sonia Esperanza Rodríguez, Ana Cabana, Antonio López, Ana Mª Gude, Aldara Cidrás e Juan Blanco
Santi Alvite
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A que foi a primeira profesora da USC, Luisa Cuesta Gutiérrez, protagoniza o primeiro volume dunha nova serie de Edicións USC dedicada ás "Pioneiras da Universidade de Santiago de Compostela". O volume que se presentou este luns, no Salón de Graos da Facultade de Dereito, inaugura esta nova colección coa que “saldamos a débeda que a Universidade tiña, e ten aínda, contraída coas mulleres que conseguiron deitar abaixo os muros de formigón que impedían o acceso da muller á universidade”, explica o reitor Antonio López Díaz no prólogo desta obra escrita por Ana Cabana Iglesia e Aldara Cidrás Fuentes.

“É unha cuestión de xustiza para con aquelas pioneiras, pero ten que ser tamén un compromiso da Universidade para perseverar na igualdade efectiva de dereitos entre mulleres e homes, que, cen anos despois, segue sendo un dos nosos obxectivos”, engadiu o reitor nun acto no que tamén interviñeron as autoras, así como a decana do centro anfitrión, Ana Mª Gude Fernández; e o director de Edicións USC, Juan Luis Blanco Valdés. Á sesión tamén asistiu a delegada do reitor para a Igualdade, Sonia Esperanza Rodríguez Boente.

Traxectoria

Cuesta Gutiérrez  foi a primeira profesora da USC e a primeira muller que estudou na Facultade de Dereito. Chegada a Santiago de Compostela en 1920 para exercer na biblioteca universitaria unha vez superada a oposición do corpo de bibliotecarios e arquiveiros, convértese, ao pouco de chegar, na primeira muller que se matricula na Facultade de Dereito para cursar os seus estudos desde 1920 ata 1923.

Se a condición de primeira estudante muller da Facultade de Dereito sería xa, de seu, suficiente para xustificar a súa biografía nesta colección, cómpre engadir que se converteu na primeira muller que accede a un posto docente da Universidade, impartindo a súa primeira aula o 27 de outubro de 1924 na Facultade de Filosofía e Letras, estudos nos que se licenciara previamente na Universidade de Valladolid. 

Ademais, fronte a profesores que noutras universidades desenvolvían a súa actividade sen remuneración, Luisa Cuesta cobra as mesmas retribucións previstas para os homes, converténdose, deste xeito, nunha das primeiras profesoras universitarias que en España accede á docencia universitaria en igualdade de retribucións.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620