Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Parque de Bombeiros de Santiago afronta a fin de semana con persoal baixo mínimos

Gonzalo Muíños alerta da falta de efectivos e reclama ao goberno local o desbloqueo de 12 novas prazas e o pago das horas extra

Gonzalo Muiños este venres no parque de bombeiros
O concelleiro non adscrito denuncia que a escaseza de bombeiros e os impagos das horas complementarias poñen en risco a capacidade de resposta ante as emerxencias.

O Parque de Bombeiros de Santiago volverá estar esta fin de semana baixo mínimos. Durante todo o venres foron só catro os profesionais que se fixeron cargo do servizo e a previsión é que durante sábado e domingo as quendas estean conformadas por só seis ou sete bombeiros. Así o informou este venres Gonzalo Muíños, logo de achegarse ás instalacións do parque para coñecer de primeira man a situación “e compartir a preocupación dos profesionais pola situación actual do servizo”.

O concelleiro non adscrito amosouse moi crítico coa escasa dotación do parque fronte os nove profesionais que suporían o “mínimo esixible por quenda” e o reforzo ata os trece bombeiros que adoitaban operar por turno durante as semanas de inverno: “estamos nunha tempada con moitas alertas meteorolóxicas que requiren de varias saídas diarias, houbo días nos que se chegou ás 100 intervencións e, con esta plantilla, sería inviable”.

Muíños, que fora responsable do servizo de Bombeiros durante o pasado mandato, sinala novamente os impagos das horas extras que, lembra, xa reclamara axilizar no mes de setembro: “vimos moito tempo advertindo que as horas extra dos bombeiros e da policía local son fundamentais e case estruturais para garantir a prestación do servizo” critica.

Ademais de axilizar os pagos pendentes, o concelleiro non adscrito reclama ao goberno local o desbloqueo de 12 novas prazas para o parque de bombeiros. Lembra que se trata de 12 prazas previstas desde o 2023 e o 2024, 3 e 9 respectivamente, e que “suporían un reforzo na plantilla fundamental para blindar o servizo”.