Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Issga destaca en Santiago o seu labor na prevención dos riscos psicosociais no ámbito laboral

A xerente Adela Quinzá-Torroja salienta o traballo do Laboratorio de Riscos Psicosociais, desenvolvido coa USC

Issga Riscos Psicosociais CEG
A xerente do Issga, Adela Quinzá-Torroja, no Foro da Prevención do Risco Psicosocial organizado pola CEG en Santiago 
Xunta
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe na apertura do Foro da prevención do risco psicosocial, organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e apoiado pola Xunta. 

Fíxoo co relatorio "Claves para a prevención do risco psicosocial. O papel e a visión do Issga", no que puxo en valor o Laboratorio de riscos psicosociais impulsado en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) co gallo de aumentar o coñecemento deste tipo de riscos laborais e artellar medidas para previlos, así como outras actuacións no marco da Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo de Galicia: Horizonte 2027 que ten en conta novos escenarios como a dixitalización, os riscos climáticos ou a transición demográfica. 

A maiores, a xerente do Issga referiuse á participación en diversos grupos de traballo sobre riscos psicosociais e saúde mental e a publicacións sobre benestar laboral, sobre prevención de riscos psicosociais vinculados á dixitalización, centradas en sectores relacionados co coidado das persoas ou arredor de patoloxías non traumáticas e danos psicolóxicos. Tamén a campañas ou xornadas técnicas enfocadas no teletraballo ou na prevención do estrés.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620