Xadrez, Mario Kart, Just Dance, Pinturillo e Wii Sports encherán de enerxía a ETSE
O alumnado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría quenta motores para as Xornadas Deportivas e Dinamizadoras que terán lugar entre o 3 e o 6 de novembro

O estudantado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) organiza, un ano máis, as Xornadas Deportivas e Dinamizadoras 2025 que terán lugar entre os días 3 e 6 de novembro en distintas sedes da escola.
Nesta ocasión consisten nunha serie de torneos que van dende as disciplinas máis clásicas ata algunhas un pouco máis modernas. O luns 3 de novembro terá lugar o torneo de Wii Sports e Mario Kart de 12.30 a 14.00 horas na Aula de Porxectos. Ese mesmo día, de 18.00 a 20.00 horas terá lugar o torneo de xadrez.
O martes día 4 terá lugar a segunda xornada do torneo de xadrez, que será no mesmo horario que o día anterior. O mércores pasará a celebrarse a competición de Pinturillo de 12.30 a 14.00 e as xornadas rematan ao día seguinte ao ritmo do Just Dance de 12.00 a 14.00 horas.

Para aqueles que estén interesados en participar nas xornadas, estas só precisan de inscripción previa e son gratuitas para calquera membro da comunidade universitaria da USC.
