O Facom Fest amplía horizontes e abre a súa cuarta edición a creadoras e creadores "internacionais"
O festival organizado polo estudantado de Comunicación Audiovisual da USC celebrarase do 24 ao 27 de novembro

O estudantado de cuarto curso de Comunicación Audiovisual da USC lanzan a cuarta edición do Facom Fest, que terá lugar entre o 24 e o 27 de novembro con financiamento das axudas da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura.
Será así como a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC sexa punto de encontro para as persoas interesadas na creación audiovisual, mantendo a súa clásica sección competitiva, pero desta volta con dúas categorías: galega e internacional.
O Facom Fest 2025 concederá dous premios principais: o Premio Galego valorado en 300 euros e acompañado dunha mentoría virtual personalizada de catro horas coa distribuidora La Machina, e o Internacional cunha dotación de 200 euros. Ademais, o xurado poderá outorgar ata cinco mencións especiais en cada categoría e o público decidirá tamén un dos premios.
En canto ao apartado musical, nesta ocasión o escenario encherase do talento de artistas como Noelia Perpetuo ou Blackstorm Band.