Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Así será a Maker Faire Galicia que se celebrará o 31 de outubro en Santiago de Compostela

A xornada, que se celebrará na Casa das Máquinas de Galeras, reunirá empresas, startups, investigadores e profesionais para abordar os retos da innovación e a sustentabilidade

A anterior edición da Maker Faire Galicia tivo lugar na Cidade da Cultura
A IV edición da Maker Faire Galicia tivo lugar na Cidade da Cultura
M. Vicente

Santiago de Compostela acollerá o 31 de outubro unha nova edición da Xornada de Industria da Maker Faire Galicia, que este ano terá lugar na Casa das Máquinas de Galeras entre as 10.00 e as 16.00 horas. O encontro, organizado en colaboración co Concello de Santiago e a Xunta de Galicia, a través do IGAPE, e co apoio de Servicio Móvil e o Clúster TIC Galicia, pretende consolidarse como un espazo de referencia para o intercambio de experiencias e a conexión entre sectores emerxentes que están a redefinir o modelo industrial galego.

Cartel del evento
Cartel del evento
Concello de Santiago

A sesión inaugural contará coa participación de María Rozas, en representación do Concello de Santiago, e Covadonga Toca, polo IGAPE, xunto co equipo organizador da Maker Faire Galicia. A cita incluirá relatorios, presentacións de proxectos, pitchs de innovación e espazos de networking, ademais dun bloque específico dedicado ao talento galego e ás novas xeracións de profesionais que están a impulsar o cambio industrial desde Galicia.

Innovación, enerxía limpa e tecnoloxía con propósito

A primeira parte da xornada estará centrada na sustentabilidade, a innovación enerxética e os avances científicos. A CEO de Teimas, Cristina Vázquez, abrirá o programa compartindo a súa traxectoria como muller emprendedora no sector tecnolóxico e explicará como a súa empresa converteu a xestión dixital de residuos nun exemplo de economía sostible e circular.

A continuación, Mario Iglesias Casal, de Magallanes Renovables, presentará o ATIR 2.0, un innovador muíño de correntes de mareas que transforma o movemento oceánico en enerxía limpa, posicionando Galicia como un referente en tecnoloxías mareomotrices.

Tamén participará a catedrática Carmen García Mateo, da Universidade de Vigo, recoñecida coa Medalla María Wonenburger, quen amosará os últimos avances da súa investigación sobre intelixencia artificial aplicada á detección por voz de enfermidades neurodexenerativas, combinando tecnoloxías da fala, procesado de sinal e IA.

Pola súa parte, Julio Ruiz Cagigal, da Asociación Forestal de Galicia, presentará ForestED, un proxecto que aposta pola transformación de madeiras autóctonas en compoñentes estruturais para a construción, demostrando como a innovación forestal pode contribuír á revalorización do rural e á redución da pegada de carbono.

Completará o bloque o investigador Manuel Rico Fernández, estudante de Medicina na Universidade de Santiago, bolseiro en Luisiana, Harvard e Oxford, quen abordará os avances en estimulación cerebral profunda e neuromodulación para o tratamento das enfermidades neurolóxicas.