Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Concello impulsa un plan de gobernanza cidadá para o Ecobosque do Banquete de Conxo

A iniciativa busca implicar á veciñanza na restauración ambiental e na xestión social deste espazo simbólico de Compostela

Ecobosque do Banquete de Conxo
O futuro Consello do Ecobosque reunirá entidades, expertos e veciñanza para deseñar accións de conservación, inclusión e memoria colectiva no Banquete de Conxo
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello de Santiago vai poñer en marcha un plan de gobernanza e participación ligado ao Ecobosque do Banquete de Conxo, co obxectivo de implicar activamente á veciñanza e fomentar a transparencia e a corresponsabilidade nas accións ambientais vinculadas a ese proxecto.

O plan de gobernanza e participación do Ecobosque nace co obxectivo de reforzar a dimensión social do proxecto de restauración ambiental do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, explicou que o obxectivo deste proxecto, que está a desenvolver o departamento de Emprego, “é recuperar a riqueza histórica e ambiental da zona e, sobre todo, facelo implicando á veciñanza e ao tecido asociativo”. 

Trátase, apuntou, “de que a cidadanía sexa protagonista na toma de decisións e na xestión do espazo, que é a mellor maneira de garantir a súa conservación a longo prazo e de reforzar a importancia do Banquete de Conxo na identidade e na memoria colectiva de Santiago”.

Creación do Consello do Ecobosque

O plan de gobernanza e participación contempla a creación do Consello do Ecobosque, un órgano consultivo que desenvolverá propostas colectivas para a restauración e uso do espazo do Banquete de Conxo. Nel estará representada a veciñanza, pero tamén entidades e persoas expertas de diferentes ámbitos como o patrimonio, o medio ambiente, a educación, o tecido económico ou as entidades sociais.

O Consello recollerá as propostas das diferentes mesas temáticas que se realizarán ao redor do proxecto do Ecobosque. Están previstas cando menos tres: Cultura e Patrimonio; Medio Ambiente e Sustentabilidade; e Inclusión Social.

O plan de gobernanza e participación do Ecobosque contempla tamén a realización de diferentes talleres participativos e enquisas temáticas de percepción cidadá; o deseño de materiais educativos e didácticos dirixidos aos centros escolares, e o impulso de diferentes accións de voluntariado ambiental.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620