Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Fernando Castro Paredes presenta en Numax 'O lanzador de coitelos', Premio Galaxia de Novela 75 Anos

O acto celebrarase o martes 28 de outubro ás 19.00 horas e contará coa participación de Dolores Vilavedra

El autor Fernando Castro Paredes
El autor Fernando Castro Paredes
Cedida

A libraría NUMAX, en Santiago de Compostela, acollerá o martes 28 de outubro ás 19.00 horas a presentación de O lanzador de coitelos, a obra coa que o escritor Fernando Castro Paredes acadou o Premio Galaxia de Novela 75 Anos, un galardón especial co que a editorial celebra a súa traxectoria.

No acto acompañará ao autor Dolores Vilavedra, conselleira do Consello de Administración de Editorial Galaxia e presidenta do xurado que escolleu a novela gañadora.

Cartaz promocional
Cartaz promocional
Cedida

Un thriller que vai máis alá do xénero

O lanzador de coitelos comeza cunha premisa tan contundente como chea de ambigüidade: un sicario é contratado para raptar un recoñecido poeta húngaro emigrado a París. Porén, o que semella unha operación limpa dá un xiro inesperado que obriga aos dous protagonistas a enfrontarse ao seu pasado.

A novela parte dos códigos clásicos do thriller para transcender o xénero e converterse nunha reflexión sobre a liberdade, a memoria, o fracaso e a corrupción humanas. A través dunha estrutura “sofisticada e sedutora”, Castro Paredes constrúe un universo de personaxes con identidades duplicadas e antagónicas, que obrigan ao lector a cuestionarse quen é realmente a vítima e quen o verdugo.

O autor

Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariego, 1975) é profesor de Ensino Secundario e desenvolve unha intensa actividade no ámbito teatral, tanto profesional como afeccionado. Coordina a agrupación Tuéjele Teatro do IES Fernando Blanco de Cee e forma parte do grupo Farándula Velutina.

Como dramaturgo foi recoñecido con premios como o Rafael Dieste, o Álvaro Cunqueiro e o Roberto Vidal Bolaño. Entre as súas obras destacan A derradeira bala (2018), Papiroflexia (2021), Pallaso, Sincronizadas e Ofelia ou o cabeiro da cóbrega.

No ámbito narrativo publicou Miss Antropía na colección Costa Oeste de Galaxia e, en 2023, recibiu o Premio García Barros por Entomoloxía para misioneiros.