Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Compostela aposta por unha cidade máis verde co proxecto "Entre Sar e Sarela"

O Concello inicia a campaña “Sinte o cambio” para divulgar as accións de renaturalización e adaptación ao cambio climático

Laguna auditorio de Galicia
O Auditorio de Galicia é un dos espazos contemplados para as accións
Santiago Turismo
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello iniciou hoxe a campaña de divulgación do proxecto “Entre Sar e Sarela” na que, baixo o lema “Sinte o cambio”, invita á cidadanía a coñecer as actuacións de renaturalización que se están levando a cabo para transformar Compostela nun modelo de cidade habitable, sustentable e adaptada ao cambio climático.

A campaña de comunicación durará ata finais de ano e nas vindeiras semanas acompañarase coa realización de accións de divulgación a través da páxina web do proxecto, co reparto de folletos informativos, cunha exposición itinerante e con varios  eventos coa cidadanía. Ademais, xa se están a desenvolver accións participativas como visitas e charlas en centros escolares.

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defendeu en varias ocasións a importancia deste proxecto xa que “Entre Sar e Sarela” é “unha estratexia integral e un proxecto ambicioso e pioneiro que busca volver máis verde a cidade dende as marxes ata o corazón, conectando o Anel Verde Exterior compostelán co tecido urbano”.

A alcaldesa subliña que “este é o novo modelo de cidade que buscamos para Compostela, onde ten que haber máis espazos verdes de lecer nas áreas do Anel Verde exterior que forman os ríos Sar e Sarela e na cidade, onde nos poidamos mover de xeito sustentable por sendeiros verdes e corredores ecolóxicos para que, en definitiva, poidamos gozar dunha maior calidade de vida nunha cidade adaptada ás consecuencias do cambio climático”.

Campaña sinte o cambio entre sar e sarela
A iniciativa convida á veciñanza a coñecer os avances dun proxecto que conecta o Anel Verde Exterior co corazón urbano da cidade
Concello de Santiago

Para acadar a habitabilidade e a sustentabilidade da cidade, é dicir, para facer máis verde Compostela, o proxecto leva a cabo a renaturalización dos espazos públicos, aumentando a biodiversidade e a conexión ecolóxica do espazo urbano cos espazos naturais do Anel Verde Exterior que forman os ríos Sar e Sarela.

O proxecto “Entre Sar e Sarela” define a Estratexia de Infraestrutura Verde e Adaptación ao Cambio Climático de Compostela e pon en marcha cinco actuacións piloto na cidade: no barrio de Pontepedriña, na contorna do Auditorio de Galicia, no Xardín Botánico, en Cornes e no Monte Viso.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620