Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

Os Premios da Industria Musical de Galicia revelan as súas primeiras nominacións

A gala de entrega celebrarase o 27 de novembro na Sala Capitol de Santiago, nun evento que recoñecerá o talento e a sustentabilidade do sector musical galego

Sala Capitol de Santiago, durante un concierto
Sala Capitol de Santiago, durante un concierto
Sala Capitol
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Os Premios da Industria Musical de Galicia, impulsados pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM), deron a coñecer este martes as persoas e proxectos nomeados na súa primeira edición. O certame, que conta co apoio da Xunta de Galicia —a través da Agadic— e da Deputación da Coruña, nace co obxectivo de poñer en valor o talento galego e recoñecer aquelas traxectorias e iniciativas destacadas pola súa creatividade, innovación e compromiso coa sustentabilidade.

A gala de entrega dos galardóns celebrarase o xoves 27 de novembro na Sala Capitol de Santiago de Compostela, converténdose nun encontro sectorial que reunirá a profesionais de todo o país para celebrar o presente e o futuro da música galega.

Un xurado con ampla experiencia e 42 finalistas nas categorías principais

Un xurado profesional integrado por Anxela Baltar, música e produtora; Cecilia Carballido, produtora cultural; María Baqueiro, consultora en sustentabilidade; Noel Miguélez, divulgador musical; os xornalistas Tito Lesende e Javier Becerra; e a Fundación Paideia, seleccionou 42 proxectos finalistas, tres por cada unha das 14 categorías xerais.

Entre as categorías recoñecidas destacan Mellor deseño de iluminación, Mellor produción discográfica, Mellor videoclip, Mellor evento cultural ou Mellor proxecto de sustentabilidade. Así, os nomeados inclúen a artistas e profesionais como Tanxugueiras ou Mondra, ademais de festivais como o WOS Festival, Surfing the Lérez ou o Festival de la Luz.

A maiores, a Xunta Directiva de AGEM será a encargada de escoller as persoas gañadoras noutras dúas categorías especiais: Artista do Ano e Persoa do Ano, mentres que o público poderá votar o Premio á Excelencia na Experiencia do Público, que se decidirá mediante votación popular na web da asociación.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620