Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Santiago de Compostela

O Coro Vida ofrecerá un concerto solidario en Santiago a favor da doazón de órganos

A actuación, promovida por ALCER Coruña e o Concello de Santiago, celebrarase o sábado 25 de outubro na Sala Mágán de Santa Marta 

cartel coro gospel
O Coro Vida actuará este sábado en Santiago nun concerto solidario que combina música gospel e sensibilización sobre a importancia da doazón de órganos
Concello de Santiago
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Asociación para a Loita contra as Enfermidades do Ril (ALCER) Coruña, en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais do Concello de Santiago, celebrará o sábado 25 de outubro un evento solidario baixo o lema da doazón de órganos.

Trátase dun concerto de música gospel a cargo do Coro Vida, que terá lugar na Sala Mágán do Centro Sociocultural de Santa Marta en Santiago de Compostela. O evento é unha celebración da vida e da solidariedade que, a través da música gospel, busca celebrar que moitas persoas poden e poderán manter os seus proxectos de vida grazas a decisións en vida solidarias.

O obxectivo do concerto é totalmente solidario: recadar fondos para manter os servizos que a entidade ofrece a persoas con enfermidade renal, tanto en diálise como transplantadas, garantindo o apoio necesario para que poidan levar a cabo os seus proxectos vitais.

Como mostra de apoio e colaboración do comercio local, realizarase unha rifa entre os asistentes. Sortearase un xantar cedido polo Bar Bicoca e un conxunto de xoias doado pola tenda A Buxería de Santiago de Compostela.

0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
PRIMERA-LINEA-620